Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2011, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente de regularización de concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciáronse expedientes de regularización da seguinte concesión:

– V-2958;XG-334 Ortoño-Santiago de Compostela, da titularidade de Autobuses Urbanos de Lugo, S.A.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de decembro de 2011.

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña