Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Oímbra (expediente IN407A 2011/85-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Deputación Provincial.

Domicilio social: rúa Progreso 32, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. para subministración a unha antena de teléfonía.

Situación: Oímbra.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea para subministración a unha antena de teléfonía a 20 kV de 40 m en aéreo con condutor R.H.Z.1 e 873 m en subterráneo con condutor LA-56 e orixe na L.M.T. VER080 entre o C.T. Tamaguelos Portago (32ABZ4) e o C.T. O Terrón (32CK45) de Unión Fenosa Distribución e remate no C.T. proxectado intemperie aéreo de 50 KVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 33.468,23 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Ourense, 29 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense