Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.
Denominación: L.M.T. ao C.S. Ponte Lebrona.
Situación: Ourense.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 80 m con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. ao C.T. Francisco Llorens 32CAV5 (expediente 2002/47) e remate na L.M.T ao C.T. Os Remedios, 66 (32CB109) (expediente 2800-A.T.).
L.M.T. aérea a 20 kV de 520 m con entrada e saída no C.T. avda. de Portugal 32S730 (expediente 581-A), C.T. Miradoiro Alameda, 2 32SWO5 (expediente 95/06) e C.T. Julia Minguillón 32CAJI (expediente 2000/116).
Orzamento: 29.802,30 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente.
Ourense, 3 de xaneiro de 2012.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense