Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4252

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012 pola que se convoca a provisión mediante libre designación dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Vacante o posto de secretaría que se relaciona no anexo I e que consonte a vixente relación de postos de traballo debe ser provisto mediante libre designación.

Consonte o disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e polos estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Convocar a provisión polo sistema de libre designación do posto de traballo relacionado no anexo I da presente convocatoria.

Segundo. Poderán optar á súa provisión as persoas funcionarias de carreira destinadas na Universidade de Vigo calquera que sexa a súa situación administrativa, agás as suspensas en firme e sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes pertenzan a algún corpo ou escala funcionarial integrado nos subgrupos de clasificación que se indican.

Terceiro. As persoas interesadas dirixirán as súas solicitudes, axustadas ao modelo que figura como anexo II, ao reitor da Universidade de Vigo dentro do prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e presentaranse no Rexistro Xeral ou dos auxiliares desta universidade, así como segundo o previsto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. A solicitude deberá ir acompañada do currículum vitae comprensivo dos datos persoais, anos de servizo, postos desempeñados na administración, títulos académicos, estudos e cursos realizados, e calquera outro mérito que se considere oportuno achegar.

Quinto. O prazo para tomar posesión do destino definitivo obtido nesta convocatoria de libre designación será de tres días hábiles, se o posto de traballo radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao de cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución final desta convocatoria de libre designación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral.

Contra esta resolución, que esgota vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non caberá interpor o recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 18 de xaneiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Libre designación (R.R. 18.1.12)

Posto de traballo

Grupo

Nivel C.D.

Localidade

Quenda

Secretaría da Vicerreitoría de Economía e Planificación

C1/C2

20

Vigo

Mañá

ANEXO II
Solicitude de participación libre designación (R.R. 18.1.12)

NOME E APELIDOS

DNI

CORPO OU ESCALA

SUBGRUPO DE PERTENZA

GRAO PERSOAL CONSOLIDADO

CENTRO/UNIDADE

LOCALIDADE

TELÉFONO E CORREO ELECTRÓNICO

POSTO SOLICITADO

A persoa abaixo asinante solicita ser admitida á convocatoria a que se refire esta instancia e declara que son certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

..., ... de ... de 201 …

(sinatura)

REITOR MAGFCO. DA UNIVERSIDADE DE VIGO