Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4250

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012 pola que se corrixen erros advertidos na do 28 de outubro de 2011 pola que se convocaban probas selectivas para acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e especialidade de bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Advertidos erros no texto da Resolución do 28 de outubro de 2011 publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 216, do venres 11 de novembro de 2011, cómpre facer as seguintes modificacións:

No anexo II, programa, no seu punto II, parte específica (especialidade bibliotecas), onde di:

«10. Os sistemas integrados de xestión de bibliotecas. Os portais de acceso, os recursos: metabuscadores e xestores de recursos».

Debe dicir:

«10. Os sistemas integrados de xestión de bibliotecas. Os portais de acceso aos recursos: metabuscadores e xestores de recursos».

No anexo III, onde di:

«Gracia María Frutos Martínez, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, sección bibliotecas da USC».

Debe dicir:

«Gracia María Frutos Martínez, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC».

Onde di:

«Josefina Adán Porto, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, sección bibliotecas da USC».

Debe dicir:

«Josefina Adán Porto, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC».

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela