Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4150

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (227/2011).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LECN) 227/2011, seguido por instancia de Antonio Pomar Goberna e María Victoria Varela Gago, contra familia Gaspar y Zara, Argimiro Barcia Costa, Mercedes Díaz Fernández e Delmiro Barcia Melón, sobre nulidade de contrato, e ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución di como segue:

«Sentenza 379/2011.

Presidente do tribunal: Antonio J. Gutiérrez R-Moldes

Maxistrados: Jaime Esaín Manresa e Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra, 4 de outubro de 2011.

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 523/2005, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas, aos cales lles corresponde a peza de recurso de apelación (LECN) 227/2011, en que aparece como parte apelante, Antonio Pomar Goberna e María Victoria Varela Gago, representados polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, asistidos pola letrada María del Carmen Guillermo López, formulou impugnación Argimiro Barcia Costa, representado polo procurador dos tribunais César Ángel Escariz Vázquez, asistido pola letrada María Jesús González Ojea e, como partes apeladas, Delmiro García Melón, Mercedes Díaz Fernández e Familia Gaspar y Zara, S.L., esta última en situación de rebeldía procesual, sendo maxistrado relator Jaime Esaín Manresa.

Seguen os antecedentes de feitos e os fundamentos xurídicos.

Resolvo estimar parcialmente o recurso de apelación interposto pola procuradora Begoña Saborido Ledo en nome de Antonio Pomar Goberna e María Victoria Varela Gago, así como a impugnación deducida pola procuradora María Teresa Carrera Fernández en nome de Argimiro Barcia Costa, revogar a sentenza contra a cal se recorreu, ditada o 5 de xaneiro de 2010 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ponteareas, e estimar parcialmente as reconvencións formuladas por María Victoria Varela Gago e Antonio Pomar Goberna fronte á mercantil Familia Gaspar y Zara, S.L., Mercedes Díaz Bernárdez e Delmiro Barcia Melón, e por Argimiro Barcia Costa contra a mercantil Familia Gaspar y Zara, S.L., declarando a nulidade da estipulación oitava do contrato privado de compravenda concertado o 27 de xaneiro de 2005, entre o vendedor Delmiro Barcia Melón e os compradores Antonio Pomar Goberna e María Victoria Varela Gago. Desestimo os restantes pedimentos das indicadas reconvencións e confirmo o auto de sobresemento das pretensións da demandante Familia Gaspar y Zara, S.L., ditado o 4.1.2010, con imposición á dita parte demandante das custas orixinadas ata a indicada data 4.1.2010, e sen efectuar pronunciamento en custas sobre ambas as reconvencións.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o/s recurso/s que cabe/n contra ela e, unha vez firme, expídase o seu testemuño, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia, para os efectos oportunos.

Notifíquese, así mesmo, esta resolución ao/s apelado/s rebelde/s, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación aos apelados rebeldes, familia Gaspar y Zara, Argimiro Barcia Costa, Mercedes Díaz Fernández e Delmiro Barcia Melón, que se encontran en situación de rebeldía procesual, expido e asino este edicto en Pontevedra o 11 de novembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado