Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4148

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 8 de xullo de 2010 (DOG do 16 de agosto).

Verificada a concorrencia nos/as aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna, que se relacionan no anexo, ordenados/as consonte a puntuación final obtida.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

N.º de orde

DNI

Apelidos e nome

1

32799865-W

Balsa Sánchez, Carlota M.

2

32685431-Q

Orois Fernández, Elena Mercedes

3

32792124-N

Martínez Val, Rosa María