Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolve o recurso de alzada interposto contra resolución recaída pola denegación á solicitude de ampliación horaria, tramitado na provincia de Pontevedra.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do recurso de alzada que se relaciona no anexo, interposto contra a resolución recaída pola denegación á solicitude de ampliación horaria, ao abeiro do artigo 5 da Orde do 16 de xuño de 2005, pola que se determinan os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Data e sentido da resolución do recurso de alzada

Marcos Salgueiro Montenegro

R/ Figueiras, n.º 22 Vigo

Invitur, S.L. (Sala A)

7.12.2011 Desestimatoria