Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3776

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (807/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 807/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Pose Suárez contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.L., Hijos GR Carpintería 2001, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Marcos Pose Suárez, con DNI 79326967-J contra as empresas Industrias Gelucho Romar, S.L. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L., cualifico como improcedente o despedimento con data do 27.6.2011, condenando solidariamente as ditas codemandadas a se ater a esta declaración e a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opten entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 25.752 euros; ademais, calquera que sexa o sentido da opción, as codemandadas deberanlle aboar ao demandante unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (27.6.2011) ata a notificación desta sentenza, que a día de hoxe ascenden a 8.761,6 euros. De non optar expresamente, entenderase que o fan pola readmisión.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que o deberá interpor. É posible o anuncio por manifestación daquela ao ser notificada e será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ao anunciar o recurso, que consignou o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta n.º 1531, clave 60, que se poderá substituír por aseguramento mediante aval bancario, con constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 300 euros na conta n.º 1531, clave 34, e en calidade de depósito, en impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Gelucho Romar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado