Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3774

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (448/2011-J).

Carlota Fernández Ambros, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos n.º 448/2011 tramitados por este xulgado, foi ditada resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 17 de novembro de 2011.

Vistos por M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo verbal civil seguidos baixo o n.º 448/2011, en virtude da demanda interposta pola procuradora dos tribunais sra. Domínguez Rodríguez, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio n.º 65 da avenida dos Mallos da Coruña, asistida polo letrado Óscar Loureda Prado, contra Manuel Vivero Nogueiras e Juana Martínez Catalán, en situación procesual de rebeldía, e vistos os seguintes (…).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais sra. Domínguez Rodríguez, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio n.º 65 da avenida dos Mallos da Coruña, contra Manuel Vivero Nogueiras e Juana Martínez Catalán, en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno os demandados a permitiren o acceso e entradas no local baixo dereita sito na avenida dos Mallos n.º 65 da Coruña, aos fins de que a demandante, a través da empresa de José Pérez Blanco (Hércules Inster P&M), poida proceder á reparación das baixantes comúns de augas fecais e pluviais ao seu paso polo indicado local baixo dereita. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de apelación ante este tribunal dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, debendo expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 LAC, en redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). Así mesmo, deberá acreditar ter consignado o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da L.O. 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a L.O. 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial».

E para que conste e a súa notificación na forma prevista no artigo 497 da LAC 1/2000 aos demandados Manuel Vivero Nogueiras e Juana Martínez Catalán, cuxo actual paradoiro resulta descoñecido, expido e asino este edicto.

Coruña, 7 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial