Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3772

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSC 3779/2011).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación concursal 3779/2011, seguido por instancia de Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) contra a empresa Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A., Admón. concursal Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A., Alberto García Mozo e outros, sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Que, considerando o recurso de suplicación interposto por UGT Galicia, contra o Auto do 24 de maio de 2011, ditado polo Xulgado do Mercantil número 2 de Lugo, en autos de incidente concursal 327/2011, seguidos pola empresa Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A, declaramos a nulidade da resolución obxecto de recurso e devolvemos os autos ao xulgado de procedencia para que, coa reposición dos autos ao momento do ditado desta, o dito xulgado proceda a ditar auto en forma legal, facendo constar a antigüidade dos traballadores afectados pola extinción colectiva, o período de duración da suspensión colectiva, e motivando adecuadamente ambas as dúas decisións.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo coa Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Justo Manuel García Seoane, con último domicilio coñecido c/ Manuel Murguía, 6-4.º A, 27880 Burela (Lugo), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña, 3 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial