Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3778

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (826/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 826/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adolfo Peiteado Barreiro contra Ute Contactnova Callcenter 012, Servicios de Telemarketing, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L., Teleaction, S.A., Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Ferrovial Servicios, S.A., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Adolfo Peiteado Barreiro contra Ferrovial Servicios, S.A., Ute Contactnova Callcenter 012, Global Sales Solutions Line, S.L., Servicios de Telemarketing, S.A., Teleaction, S.A., Sitel Ibérica Teleservices, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento acontecido con efectos do 31 de maio de 2011, condenando a Ute Contactnova Callcenter 012 a que, á elección do demandante, que deberá manifestar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, readmita inmediatamente ao demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 17.346,46 euros.

No caso de o demandante non efectuar a opción no prazo anteriormente sinalado, entenderase que opta pola readmisión.

Calquera que for o sentido da opción, condeno así mesmo a parte demandada Ute Contactnova Callcenter 012 a que lle satisfaga ao demandante os salarios que non percibise desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución. Para tal efecto tomarase en consideración o salario diario de 37,02 euros. Estes salarios ascenden á data de hoxe a 7.366,25 euros.

Absólvese a Ferrovial Servicios, S.A. das peticións respecto dela.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar antes este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ao anunciar o recurso, que consignou o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, que se poderá substituír por aseguramento mediante aval bancario, con constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150 euros en calidade de depósito.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Teleaction, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado