Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3780

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (951/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 951/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Núñez Lamas contra a empresa Vitalhuet, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Joaquín Núñez Lamas, asistido polo letrado Miguel Ángel Nouche Ferreira contra a empresa Vitalhuet, S.L., en rebeldía procesual e o Fondo de Garantía Salarial, en rebeldía procesual, e en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado ao demandante, e condeno a entidade demandada Vitalhuet, S.L., a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, ou ben ao aboamento dunha indemnización de 1.186,85 euros conforme o exposto no fundamento de dereito segundo, máis en ambos os casos, ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 43,17 euros diarios, coa responsabilidade subsidiara do Fogasa para o caso de insolvencia da entidade demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que:

– Contra esta sentenza poden anunciar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por conduto deste Xulgado de lo Social número 3 no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza.

– Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.

– En caso de que quen pretendese interpoñer recurso non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou non gozase do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, no momento de anunciar o recurso e no prazo de cinco días sinalado, consignar a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista na clave de expediente 5076 0000 65 0951 11; e que no momento de formalizar o recurso de suplicación, deberá xuntar xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade de 150 euros na conta deste órgano xudicial, expediente 5076 0000 34 0951 11, aberta no Banco Español de Crédito, co número 0030 1846 42 0005001274, debendo facer constar no campo observacións a indicación de depósito para a interposición de recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vitalhuet, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial