Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3782

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (518/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre Seguridade Social 518/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Fernández Ramos contra Winterra, S.A., Arquitectura Pétrea, S.A., Amatista Gestión del Patrimonio y Suelo, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Universal-Mugenat de AT número 10 e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Joaquín Fernández Ramos e, en consecuencia, condeno solidariamente a empresa Arquitectura Pétrea, S.A., e Winterra, S.A., a pagar ao demandante 311,83 euros, debendo a mutua universal demandada anticipar o pagamento do dito importe, sen prexuízo de repetir pola dita cantidade contra as empresas demandadas; condeno a mutua demandada a aboar ao demandante 162,41 euros como responsable directa. En todo caso, con responsabilidade subsidiaria do INSS-TXSS, en caso de insolvencia de la mutua demandada.

Desestimo a demanda contra Amatista Gestión del Patrimonio y Suelo, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta sentenza ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e firmo.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Arquitectura Pétrea, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial