Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3783

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (686/2011).

Francisco José Camino Suárez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 686/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Martínez Lijo contra a empresa Lusfer, S.L., ditouse o 11 de novembro de 2011 a seguinte sentenza n.º 336/2011, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Luis Martínez Lijo contra Lusfer, S.L., e condeno esta entidade a aboarlle ao demandante 6.282,46 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado. Este pode substituírse por aseguramento mediante aval bancario, en que conste a responsabilidade solidaria del avalista, máis outra cantidade de 150 euros en calidade de depósito.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada-xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lusfer, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial