Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2417

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012.

No Decreto 79/2009, do 19 de abril, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e no Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, e as relacións coas comunidades galegas no exterior, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

En execución da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, procede a través desta resolución establecer o marco normativo ao cal se deberán de axustar no exercicio de 2012 as subvencións que posibiliten ás comunidades galegas doutras comunidades autónomas e do estranxeiro a adquisición, actualización, adaptación e modernización das súas infraestruturas e locais, co fin de optimizar a prestación de servizos asistenciais, sanitarios, sociais, culturais, deportivos, etc. que estatutariamente lles son propios.

Esta resolución abrangue as bases reguladoras e a convocatoria anual das subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e restauración do seu patrimonio; e para a mellora de dotacións e equipamentos.

O procedemento de concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos cales se debe de axustar a xestión das subvencións e axudas outorgadas polas administracións públicas.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da referida Lei 9/2007, nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normativa de aplicación, logo de informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria de subvencións e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, en réxime de concorrencia competitiva, aos programas de apoio infraestrutural - para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e restauración do seu patrimonio; e para a mellora de dotacións e equipamentos, en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012.

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas subvencións para o ano 2012.

Artigo 2. Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezará a contar desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido ese prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderanse entender desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Imputación orzamentaria e tramitación anticipada.

1. Para a concesión das axudas previstas nesta resolución resérvase inicialmente un crédito total de 800.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.781.0. Axudas para conservación, obras, equipamentos e infraestrutura das súas instalacións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, esta contía pódese incrementar de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias e como consecuencia das circunstancias sinaladas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A dita contía distribuirase entre os programas da maneira que segue:

• Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións, 520.000 €.

• Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos, 280.000 €.

De existir remanente nalgún dos dous programas, poderá ser redistribuído, pasando a incrementar a consignación do outro programa.

2. Esta convocatoria tramítase anticipadamente e, de acordo co establecido no artigo 25.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, faise constar que a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión. Así mesmo, será de aplicación todo o establecido ao respecto no devandito artigo 25.

Artigo 5. Réxime de recursos.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2011.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

ANEXO
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural
ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012

Capítulo I
Disposicións comúns aos dous programas

Artigo 1. Obxecto das subvencións.

O obxecto desta resolución é a convocatoria de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012: Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións; Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.

Artigo 2. Solicitudes.

Para poder ser beneficiario das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que para cada programa se inclúe como anexo desta resolución, e que irá acompañada dos documentos que se especifican nos artigos correspondentes das bases reguladoras.

A través do formulario proporciónaselle á Secretaría Xeral da Emigración datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para ese efecto procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, de protección de datos, adoptando tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.

A finalidade da recollida e do tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; non obstante, a Secretaría Xeral da Emigración revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito, achegando identificación suficiente ao seguinte enderezo: edificios administrativos rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para o efecto e que poderá atoparse na Guía do cidadán da páxina web da Xunta de Galicia.

Artigo 3. Lugar de presentación das solicitudes.

As solicitudes de subvencións dirixiranse ao órgano competente, Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela-A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. As solicitudes tamén se poderán presentar en formato electrónico ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), mediante sinatura electrónica do/da representante legal do/da solicitante ou persoa que o/a representa, segundo o establecido no artigo 22 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades delas dependentes.

Artigo 4. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade, de conformidade coa Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, ou a súa condición de centro colaborador, mediante resolución aprobatoria ditada pola Secretaría Xeral da Emigración ao abeiro da disposición adicional única do Decreto 195/1991, do 30 de maio, polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas.

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións.

1. Para as entidades con domicilio social en España, a presentación da solicitude de concesión desta subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O solicitante presta o seu consentimento para incluír e facer públicos, no rexistro público de axudas, subvencións e convenios e no rexistro público de sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas.

Os datos referidos integrarán un ficheiro cuxo responsable será a Consellería de Facenda, ante quen se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Salvo nos casos sinalados no artigo 9.4 do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a non autorización da obtención de datos ou a súa publicidade, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou subvención ou, se procede, ao reintegro do importe concedido.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos nas solicitudes deste programa serán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento coa finalidade da xestión deste procedemento. As entidades solicitantes poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, previstos na lei, dirixindo un escrito á Secretaría Xeral da Emigración como responsable do ficheiro.

Artigo 6. Tramitación.

Correspóndelle á Secretaría Xeral da Emigración a realización das tarefas de xestión desta convocatoria, sempre de acordo coa existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

Cando a Secretaría Xeral da Emigración considere que a solicitude non é adecuada para o programa para o que se presenta, daralle traslado ao interesado para a súa modificación.

Artigo 7. Documentación.

1. A solicitude e a documentación que deba presentarse de acordo co disposto nestas bases, deberá ser asinada polos representantes legais das entidades solicitantes.

2. A documentación que as entidades galegas remitan en relación coa presente convocatoria deberá vir xunto cun escrito dirixido á Secretaría Xeral da Emigración, no que conste a descrición dos documentos que se achegan.

Artigo 8. Procedemento de concesión e instrución.

1. O procedemento para a tramitación e concesión das subvencións que se convocan por esta resolución axustarase ao procedemento de concorrencia competitiva previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da referida Lei 9/2007, e demais normativa de aplicación.

2. De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na presente resolución, o órgano competente requirirá a entidade solicitante para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez días e indicaralle que, se non o fixer, se dará por desistida da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O órgano instrutor será o/a subdirector/ra xeral de Centros e Comunidades Galegas, ou persoa funcionaria da subdirección en que delegue.

4. Os expedientes serán avaliados por un órgano colexiado que formulará a correspondente proposta de concesión ao órgano concedente a través do órgano instrutor. O dito órgano colexiado estará formado por tres membros e un secretario, designados polo secretario xeral da Emigración entre os funcionarios da Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas.

En caso de ausencia dalgún dos membros integrantes da Comisión de Avaliación, poderá ser substituído pola persoa funcionaria que para o efecto designe o secretario xeral da Emigración.

5. Os expedientes serán avaliados, segundo os criterios sinalados para cada programa, polo órgano colexiado establecido no número anterior, que deberá emitir informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

6. Importes máximos para incluír nas solicitudes.

a) O importe máximo da subvención que se vai conceder, segundo o programa, é de: Programa A, 29.995 €; Programa B, 15.000 €.

b) Nos programas incluídos nesta convocatoria, o importe da subvención solicitada por unha entidade á Secretaría Xeral da Emigración non poderá superar o 80% do gasto total previsto das accións incluídas na solicitude. No caso de que ese importe solicitado superase esa cifra, non se tería en conta o exceso.

c) Para fixar o importe do gasto total previsto que as entidades inclúan nas súas solicitudes, estas deberán ter en conta o establecido nas alíneas a) e b) anteriores, e no caso de que ese gasto total previsto superase esas cantidades, a entidade deberá executar na súa totalidade as accións incluídas na solicitude, tanto nos seus conceptos como nos seus importes, ou, noutro caso, só percibiría a parte proporcional que corresponda da subvención concedida.

7. Forma de cálculo dos importes propostos polo órgano colexiado.

O cálculo dos importes propostos polo órgano colexiado realizarase para cada programa, tendo en conta a distribución do crédito e o disposto no artigo 4 da convocatoria.

A contía das subvencións propostas determinarase en función do número de puntos que acade cada entidade aplicando os criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras. Entre as entidades solicitantes que cumpran os requisitos para ser beneficiarias das subvencións establecerase unha orde de prelación, segundo o número de puntos que obteñan aplicando os criterios de valoración establecidos, propoñendo conceder a cada proxecto o importe que corresponda en función da puntuación asignada, sen superar en ningún caso o 80% do orzamento subvencionable. O importe asignado a cada entidade será o resultado da multiplicación do importe solicitado, tendo en conta os límites máximos establecidos neste artigo e minorado na parte do gasto que non sexa subvencionable, polo coeficiente que resulte de dividir o número de puntos que se lle asigne polo total de puntos máximo: 100. O crédito dispoñible distribuirase entre as entidades segundo esa orde de prelación, ata o seu esgotamento.

8. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe do órgano colexiado, formulará a proposta de resolución, que se presentará ao secretario xeral da Emigración, que é o órgano competente para resolver, quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 9. Reformulación das solicitudes.

1. De acordo co establecido no artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención de cada proxecto na proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, a Secretaría Xeral da Emigración poderá instar á entidade beneficiaria a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable.

2. Unha vez que a solicitude mereza, de ser o caso, a conformidade da comisión ou órgano de valoración, remitiráselle o actuado ao órgano competente para que dite a resolución.

3. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos respecto das solicitudes.

4. A realización da comunicación ás entidades para que reformulen as súas solicitudes poderase efectuar por medio de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com. A eficacia das citadas comunicacións será a partir das ditas publicacións.

Sen prexuízo do anterior, a Secretaría Xeral da Emigración remitirá ao enderezo de correo electrónico das entidades, sempre que este conste na solicitude, unha comunicación que dea conta da realización desta publicación. Así mesmo, debe significarse que os prazos de dez días computaranse desde a publicación na páxina web indicada destas comunicacións e non desde a súa comunicación escrita.

5. As entidades solicitantes terán un prazo de dez días, desde a data de publicación destas comunicacións, para remitir á Secretaría Xeral da Emigración a reformulación das súas solicitudes, para a súa análise. No caso daquelas entidades que non respondan nese prazo, entenderase que aceptan o importe da subvención que apareza na proposta de resolución provisional.

Artigo 10. Resolución.

As resolucións serán ditadas polo secretario xeral da Emigración e notificadas aos interesados. A Secretaría Xeral da Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións de contía igual ou superior a 3.000 euros concedidas a través desta convocatoria, indicando o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade para a cal se outorgou a subvención.

Ademais, e de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral da Emigración publicará na súa páxina web www.galiciaaberta.com a relación dos beneficiarios e os importes das subvencións concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e para a súa publicación na citada páxina web.

Artigo 11. Xustificación.

1. A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 30 de setembro de 2012. Transcorrido o prazo establecido da xustificación sen que se presentase a documentación xustificativa, requirirase o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días presente a dita documentación. A Secretaría Xeral da Emigración poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, de conformidade co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A non presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións.

2. O réxime de xustificacións é o de conta xustificativa simplificada, de conformidade co establecido no título III, artigo 51 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, por ser o importe das subvencións para cada programa e beneficiario inferior a 30.000 €.

3. Previamente ao pagamento do importe da subvención concedida, sen prexuízo da posibilidade de efectuar pagamentos á conta ou anticipos segundo o disposto no artigo 14 desta resolución, as entidades beneficiarias deberán achegar á Secretaría Xeral da Emigración, no prazo establecido, a seguinte documentación xustificativa:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación detallada das accións realizadas e dos resultados obtidos.

b) Relación clasificada dos investimentos realizados con indicación do acredor e do número de documento, o seu concepto, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento (pode usarse o modelo que figura como anexo IV a esta resolución).

c) Un detalle doutros ingresos e/ou subvencións que financiasen a acción subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia, segundo o modelo normalizado que figura como anexo V desta resolución.

d) As entidades con sede social en España deberán acreditar que se encontran ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e da Seguridade Social, así como que non teñen débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia. As entidades con sede social fóra de España deberán presentar unha declaración responsable de que se encontran ao día nesas obrigas e poden utilizar para iso o modelo que figura como anexo V desta resolución.

e) Se é o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.

4. De acordo co establecido no artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en relación co establecido no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada pola entidade beneficiaria, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

5. De conformidade co establecido no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase gasto subvencionable o efectivamente realizado e pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido no número 1 deste artigo.

En virtude do disposto no artigo 42.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, aceptarase a xustificación do pagamento mediante xustificante do provedor para gastos de escasa contía por importes inferiores a 1.000 €.

6. A Secretaría Xeral da Emigración, a través das técnicas de mostraxe, comprobará os xustificantes que considere oportunos e que permitan obter evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención; para este fin poderase requirir ao beneficiario a remisión dos xustificantes de gasto seleccionados.

Esta mostraxe realizarase de acordo co seguinte procedemento:

– Relaciónanse os beneficiarios por programa e orde alfabética, asignándolles un número correlativo.

– Escóllese un número ao azar do 1 ao 20. O dito número determinará o primeiro beneficiario que será obxecto da mostraxe e os seguintes serán múltiplos dese número.

Artigo 12. Subcontratación.

De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios destas subvencións poderán subcontratar, total ou parcialmente, as accións obxecto delas, podendo subcontratar con terceiros ata o cento por cento das accións subvencionadas.

Artigo 13. Concorrencia de axudas.

1. As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con calquera outra que puidese ser concedida para a mesma finalidade. Non obstante, o importe da axuda en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da acción que levou a cabo o beneficiario.

2. Para os programas incluídos nesta resolución, cada entidade non poderá solicitar ou obter máis que unha subvención en cada programa. Así mesmo, cando o interesado presentar varias solicitudes para o mesmo programa, a Secretaría Xeral da Emigración poderá dar traslado ao interesado para a súa modificación.

Artigo 14. Pagamento.

1. Unha vez resolto o expediente e para acadar unha maior operatividade neste tipo de axudas, e por tratarse de entidades que non teñen animo de lucro, poderanse efectuar pagamentos á conta ou ben autorizar anticipos de pagamentos dos importes concedidos ata a contía máxima permitida, de acordo co establecido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, suxeitos aos requisitos que se establecen nesta lei e nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento. Tendo en conta o importe destas subvencións, establecido no artigo 8.6 destas bases, os pagamentos á conta e anticipados non poderán superar en ningún caso a cantidade de 18.000 €. O resto do importe ou a parte que corresponda librarase logo da completa xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

2. Réxime de garantías en pagamentos anticipados. Segundo o establecido no número anterior e, de conformidade co establecido no artigo 65.4.i) e 65.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias non estarán obrigadas a constituír garantía. Así mesmo, e de acordo co dito artigo, para as entidades cuxo domicilio estea situado fóra do territorio nacional e posúan ou non un establecemento permanente no dito territorio, establécese que non estarán obrigadas a constituír garantía.

Artigo 15. Requirimentos.

De acordo co artigo 59.6 da Lei 30/1992, a realización dos requirimentos que procedan poderase efectuar por medio de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com.

A eficacia dos citados requirimentos será a partir das ditas publicacións. Sen prexuízo do anterior, a Secretaría Xeral da Emigración poderá remitir ao enderezo de correo electrónico das entidades, sempre que este conste na solicitude, unha comunicación que dea conta da publicación dos requirimentos. Así mesmo, debe significarse que os prazos de dez días se computarán desde a publicación na páxina web indicada dos requirimentos e non desde a súa comunicación.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios das subvencións correspondentes aos programas convocados por esta resolución quedan obrigados a:

1. Realizar a acción ou o comportamento que fundamente a concesión da subvención.

2. Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, en concreto as recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

3. Comunicar á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

4. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos.

5. Non se considera que incorre en incumprimento o beneficiario que non xustifique integramente o importe do orzamento presentado coa solicitude, sempre e cando o proxecto ou actividade obxecto da subvención se cumprise nos termos da solicitude e poida considerarse cumprida a finalidade que fundamentou a concesión da subvención. Neste suposto, o pagamento realizarase pola parte proporcional á da contía da subvención efectivamente xustificada, calculado en función da porcentaxe do custo final da actividade, tendo en conta o disposto no artigo 8.

6. As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta resolución quedarán obrigadas á difusión do financiamento por parte da Secretaría Xeral da Emigración nos actos, na documentación e nas publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

7. Destino e ocupación dos bens. Os bens inmobles rehabilitados destinaranse á sede habitual e permanente da entidade galega beneficiaria durante un período mínimo de cinco anos. O resto dos bens de equipamento subvencionados deberán destinarse para o fin para o que se concedeu a subvención durante un período mínimo de tres anos. O incumprimento da obriga de destino antes do vencemento do prazo sinalado, que se producirá en todo caso co alleamento ou gravame do ben ou coa disolución da entidade galega beneficiaria da axuda, será causa de reintegro da subvención nos termos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e quedarán os bens afectos ao pagamento do reintegro calquera que sexa o seu posuidor, salvo que resulte ser un terceiro protexido pola fe pública rexistral ou se xustifique a adquisición dos bens con boa fe e xusto título. Non se considerará incumprida a obriga de destino referida no punto anterior cando o cambio de destino, alleamento ou gravame do ben, ou a disolución da entidade, sexa autorizada pola Secretaría Xeral da Emigración, debendo comunicar á entidade beneficiaria con antelación calquera modificación prevista na finalidade ou na titularidade do ben subvencionado. Neste suposto, o adquirente asumirá a obriga de destino dos bens polo período restante e, no caso de incumprimento desta, do reintegro da subvención.

Artigo 17. Modificación da resolución de concesión e revogación.

1. As entidades beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral da Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a realización de obras e accións e/ou a adquisición dos equipamentos subvencionados, e a Secretaría Xeral poderá adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión o beneficiario poderá solicitar, antes de que conclúa o prazo para a realización das accións, a modificación do seu contido, de concorrer circunstancias que alterasen substancialmente as condicións tidas en conta para a concesión da subvención a criterio da Secretaría Xeral da Emigración.

Artigo 18. Incumprimento, reintegros e sancións.

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De acordo co artigo 14.1.n da Lei 9/2007, os criterios de graduación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade a minorar ou reintegrar serán os seguintes:

a) O incumprimento total dos fins para os cales se concede a subvención, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida.

b) Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a axuda, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, e dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

4. Devolución voluntaria. De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e cando proceda o reintegro da subvención, a entidade beneficiaria poderá devolver voluntariamente os pagamentos percibidos mediante o seu ingreso na correspondente conta bancaria da Secretaría Xeral da Emigración ou da Xunta de Galicia. O importe da devolución incluirá os xuros de demora previstos legalmente ata o momento en que se produciu a devolución efectiva por parte da entidade.

5. Aos/Ás beneficiarios/rias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da devandita Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 19. Réxime de recursos contra as resolucións ditadas.

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, no caso de resolucións expresas, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 20. Control e comprobación.

1. A Secretaría Xeral da Emigración poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Ademais, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 21. Publicidade.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario/ria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Igualmente, esta relación será obxecto de publicación na páxina web desta secretaría xeral: www.galiciaaberta.com.

Artigo 22. Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na demais normativa que a desenvolva.

Capítulo II
Disposicións específicas para cada programa

Sección 1.ª
Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación
e conservación das súas instalacións

Artigo 23. Obxecto e finalidades das subvencións.

O obxecto deste programa é a concesión de subvencións ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2012 en obras de reforma, rehabilitación, conservación e restauración, destinadas á mellora das súas instalacións.

Non se concederán subvencións para as obras que se pretendan realizar nos establecementos hostaleiros que funcionen dentro das instalacións dos centros galegos para calquera tipo de explotación comercial.

Poderán subvencionarse ao abeiro deste programa, entre outros, os gastos derivados de:

1. Investimentos que realicen as entidades galegas propietarias de instalacións para a súa rehabilitación e conservación.

2. Investimentos que realicen as entidades galegas en obras imprescindibles de rehabilitación e conservación nas instalacións que, aínda que non sexan propias, utilicen como sede habitual e permanente.

3. Execución de obras de reforma que teñan como finalidade a ampliación, mellora, modernización, adaptación, adecuación ou reforzo de instalacións xa existentes titularidade das entidades galegas no exterior.

4. Realización do proxecto de obras asinado por técnico competente e/ou expedición da preceptiva licenza municipal de obras. O importe destes gastos non poderá superar o 10% da totalidade do investimento proxectado.

5. Investimentos na restauración dos bens de interese artístico e histórico, así como daqueles documentos, fondos ou coleccións que conformen o patrimonio bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior, levadas a cabo por técnicos competentes en cada unha das materias.

Artigo 24. Documentación que se debe presentar coa solicitude.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figuran como anexo I a esta resolución, cuberto en todos os seus puntos. Ademais, necesariamente, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva das obras de reforma, rehabilitación e restauración que se van realizar, onde se detalle a descrición polo miúdo das obras proxectadas, a situación xurídica das instalacións (en propiedade, alugamento, cesión ou outros) e os motivos e finalidades que xustifiquen a súa realización.

b) Orzamento ou orzamentos detallados do custo das obras para as cales se solicita a subvención, realizados por empresa/s.

c) Cando o importe do gasto para o cal se solicita a subvención supere a contía de 30.000 euros deberase achegar a seguinte documentación adicional:

– Tres orzamentos de diferentes empresas, salvo que polas especiais características dos gastos non exista no mercado número suficiente de entidades que subministren ou presten os investimentos proxectados, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. No suposto de que a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, de entre as ofertas presentadas, deberase achegar unha memoria que xustifique tal decisión.

d) Cando o importe do gasto para o cal se solicita a subvención supere a contía de 80.000 euros deberase achegar a seguinte documentación adicional:

– Proxecto das obras que se van realizar asinado por un técnico competente, que deberá incluír, como mínimo:

• Unha memoria detallada na cal se describan as obras que se van realizar.

• Orzamento das obras desagregado por conceptos.

• Os planos de conxunto e de detalle necesarios para que a obra quede perfectamente definida.

– Licenza municipal das obras proxectadas.

e) No caso de restauracións, informe asinado por un técnico competente que inclúa o diagnóstico sobre o estado de conservación da obra ou documento, fondo ou colección que se vai restaurar, así como a súa necesidade de restauración e a correspondente proposta de intervención e o seu valor histórico, artístico, bibliográfico ou documental.

f) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas e/ou concedidas, para o mesmo proxecto para o cal se solicita a subvención, das distintas administracións públicas ou de organismos privados ou, de ser o caso, unha declaración de que non ten solicitadas nin percibiu outras axudas ou subvencións (pode usarse o modelo que figura como anexo III a esta resolución).

g) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo III).

h) Os beneficiarios que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español deberán presentar: certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia e unha declaración en que conste que a entidade solicitante se atopa ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, e que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

j) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, Cadastro...), sempre que non se enviase en exercicios anteriores a esta secretaría xeral.

k) No caso de non ser propietarios, copia do contrato oficial vixente de alugamento do local que sirva de sede habitual e permanente da entidade solicitante, ou da súa cesión, no cal debe constar a data do seu vencemento e que o local alugado ou cedido é a sede social da entidade.

Todas as solicitudes poderán ir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración (planos, informes, memorias económicas anuais da entidade, fotografías, etc.).

Artigo 25. Criterios de valoración.

I. As solicitudes presentadas serán obxecto de valoración, de acordo cos seguintes criterios:

1. Interese xeral e importancia do proxecto á vista da memoria descritiva das obras de reforma, rehabilitación, conservación e restauración que se van realizar, e da repercusión e da influencia que poida ter no seu ámbito e no seu contorno, ata 50 puntos.

– Obras de rehabilitación ou reforma en función do destino ou non ao uso dos asociados, no caso de que o inmoble sexa propiedade da entidade solicitante, ata 50 puntos.

– Obras de rehabilitación ou reforma en función do destino ou non ao uso dos asociados, no caso de que o inmoble non sexa propiedade da entidade solicitante, ata 25 puntos.

– Obras de conservación, reparación e mantemento en función do destino ou non ao uso dos asociados, no caso de que o inmoble sexa propiedade da entidade solicitante, ata 40 puntos.

– Obras de conservación, reparación e mantemento en función do destino ou non ao uso dos asociados, no caso de que o inmoble non sexa propiedade da entidade solicitante, ata 25 puntos.

– No caso de que presenten varias finalidades, a valoración será proporcional.

As puntuacións asignadas de conformidade co establecido neste número 1 non poden superar 50 puntos.

2. Estado de conservación das instalacións, locais ou edificios en que se vai realizar o investimento, ata 20 puntos. Outorgarase maior puntuación a aquelas instalacións, locais ou edificios cuxo estado de conservación estea máis deteriorado; tamén se puntuará máis cando os inmobles sexan propiedade da entidade solicitante.

3. Grao de novidade dos investimentos para os cales se solicita a subvención, con relación aos que foron presentados pola entidade en anos anteriores, ata 20 puntos.

– Cando os investimentos para os que se solicita a subvención sexan totalmente diferentes aos investimentos para os que se solicitou a axuda durante os tres últimos anos, de 14 a 20 puntos.

– Cando os investimentos para os que se solicita a subvención sexan parcialmente diferentes aos investimentos para os que se solicitou a axuda durante os tres últimos anos, de 9 a 13 puntos.

– Cando os investimentos para os que se solicita a subvención sexan coincidentes cos investimentos para os que se solicitou a axuda durante os tres últimos anos, ata 8 puntos.

4. Nivel de financiamento por outras fontes, distintas á da subvención solicitada á Secretaría Xeral da Emigración: fondos propios da entidade, outras subvencións e outras vías de financiamento, ata 10 puntos. Obterán a máxima puntuación aquelas entidades que presenten un nivel de financiamento por outras fontes, distintas de axudas ou subvencións, superior ao 80%, aquelas que non presenten ningún financiamento por outras fontes obterán 0 puntos, e as demais proporcionalmente.

II. En todo caso, aqueles proxectos que non acaden unha puntuación mínima de 10 puntos, coa aplicación dos criterios establecidos, non serán obxecto de subvención, nin serán tidos en conta nos cálculos para determinar o importe das subvencións propostas.

Sección 2.ª
Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior
para a mellora de dotacións e equipamentos

Artigo 26. Obxecto e finalidades das subvencións.

O obxecto deste programa é a concesión de subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para financiar a adquisición de dotacións e equipamentos que contribúan a mellorar as condicións en que se desenvolvan as actividades asociativas e que se realicen durante o exercicio 2012.

Non se concederán axudas para a adquisición de equipamentos destinados aos establecementos hostaleiros que funcionen dentro das instalacións dos centros galegos para calquera tipo de explotación comercial.

Poderán subvencionarse ao abeiro deste programa, entre outros, os gastos derivados da adquisición polas entidades de:

a) Mobiliario e equipamentos materiais que contribúan a mellorar as condicións asistenciais, culturais, educativas, etc., en beneficio dos seus asociados.

b) Equipamentos materiais tecnolóxicos, informáticos e de telecomunicacións.

c) Instrumentos musicais e vestimenta tradicional galega destinados aos grupos de carácter cultural da entidade galega solicitante.

d) Dotación de equipamentos e material para ludotecas destinados a espazos de xogo dentro das instalacións das entidades galegas, que contribúan ao desenvolvemento integral e positivo dos nenos e nenas fillos dos asociados.

e) Outro material inventariable que contribúa á mellora das dotacións e equipamentos das entidades galegas radicadas no exterior.

Artigo 27. Documentación que deben presentar coa solicitude.

1. As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo II a esta resolución, cuberto en todos os seus puntos. Ademais, necesariamente, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva en que se fagan constar os motivos e/ou a necesidade de adquirir os equipamentos e a súa finalidade.

b) Orzamento ou orzamentos dos equipamentos obxecto de subvención, realizados polas empresas provedoras.

c) Cando o importe do gasto subvencionable, incluíndo a totalidade dos investimentos previstos, supere a contía de 12.000 euros, deberanse achegar tres orzamentos de diferentes provedores, referidos a cada un dos equipamentos que se van adquirir, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado número suficiente de entidades que subministren os equipamentos, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. No suposto de que a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa de entre as ofertas presentadas, deberá achegarse unha memoria que xustifique tal decisión.

d) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas e/ou concedidas, para as adquisicións para as que se solicita a subvención, das distintas administracións públicas ou de organismos privados ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (pode usarse o modelo que figura como anexo III a esta resolución).

e) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo III).

f) Os beneficiarios que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español deberán presentar: certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia e unha declaración en que conste que a entidade solicitante se atopa ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

h) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, Cadastro...), sempre que non se enviase en exercicios anteriores a esta secretaría xeral.

Todas as solicitudes poderán ir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración (informes, memorias, fotografías, etc.).

Artigo 28. Criterios de valoración.

I. As solicitudes presentadas serán obxecto de valoración, de acordo cos seguintes criterios:

1. Interese xeral e importancia do proxecto á vista da memoria en que se fagan constar os motivos e/ou necesidade dos equipamentos e a súa finalidade, e da repercusión e da influencia que poida ter no seu ámbito e no seu contorno, ata 55 puntos. Valorarase a importancia dos equipamentos para o desenvolvemento das finalidades e actuacións da entidade ata 25 puntos, grao de carencia que teña a entidade dos equipamentos solicitados ata 20 puntos e o destino dos equipamentos, se se destina aos asociados ou non ata 10 puntos.

2. Grao de novidade dos investimentos para os cales se solicita a subvención, con relación aos que foron presentados pola entidade en anos anteriores, ata 30 puntos.

– Cando os investimentos para os que se solicita a subvención sexan totalmente diferentes aos investimentos para os que se solicitou a axuda durante os tres últimos anos, de 21 a 30 puntos.

– Cando os investimentos para os que se solicita a subvención sexan parcialmente diferentes aos investimentos para os que se solicitou a axuda durante os tres últimos anos, de 12 a 20 puntos.

– Cando os investimentos para os que se solicita a subvención sexan coincidentes cos investimentos para os que se solicitou a axuda durante os tres últimos anos, ata 11 puntos.

3. Nivel de financiamento por outras fontes, distintas á da subvención solicitada á Secretaría Xeral da Emigración: fondos propios da entidade, outras subvencións e outras vías de financiamento, ata 15 puntos. Obterán a máxima puntuación aquelas entidades que presenten un nivel de financiamento por outras fontes, distintas de axudas ou subvencións, superior ao 80%, aquelas que non presenten ningún financiamento por outras fontes obterán 0 puntos e as demais proporcionalmente.

II. En todo caso, aqueles proxectos que non acaden unha puntuación mínima de 10 puntos, coa aplicación dos criterios establecidos, non serán obxecto de subvención, nin serán tidos en conta nos cálculos para determinar o importe das subvencións propostas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file