Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (897/2008).

María Adelaida Egurbide Margañon, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber: que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Antonio Sanguino Teijido contra Jorge Ramón González Cotelo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Fogasa e Mutua Maz, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 897/2008, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña o vinte e cinco de novembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 897/2008, seguidos por instancia de Antonio Sanguino Teijido, representado polo letrado Antonio Pousa Merens, contra o INSS, representado pola letrada Sra. García Sánchez, Mutual Maz, representada polo letrado Daniel Leyte Domínguez, Jorge Ramón González Cotelo e Fogasa, que non compareceron, sendo o obxecto da reclamación cantidade; e decisión que, estimando a demanda interposta polo demandante Antonio Sanguino Teijido contra o INSS, Mutual Maz e Jorge Ramón González Cotelo, debo condenar e condeno a empresa a aboarlle á parte demandante o subsidio de IT desde o día 24.2.2008 ao 30.9.2008 en contía de 6.202,10 €, e deberá anticipar a prestación que corresponda desde o cuarto día da baixa a Mutua Maz, con absolución do INSS.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Jorge Ramón González Cotelo, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, vinte e tres de decembro de dous mil once.

A secretaria xudicial