Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (956/2009).

M.ª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 956/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Prado Castro contra a empresa Promociones y Urbanizaciones Pedravella, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza na data do dous de decembro de dous mil once, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta pola parte demandante José Prado Castro e condeno a parte demandada, entidade Promociones y Urbanizaciones Pedravella, S.L., a aboarlle á demandante a cantidade de 4.591,64 euros, máis os xuros moratorios do artigo 29 do E.T., de 10% de mora, así como a condena ao Fogasa a se rexer por esta resolución.

Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 días, e indicando que para poder acceder ao recurso a demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar na conta deste xulgado do social, número identificador 1589, aberta no banco Banesto, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén depositar na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptivos para recurrir, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Promociones y Urbanizaciones Pedravella, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela o vinte e tres de decembro de dous mil once.

A secretaria xudicial