Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO notif. sta. (683/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 683/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Macarena Vidal Piñeiro contra a empresa Manuel José Blanco Sayans, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza número 284/2011.

En Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2011.

En virtude do poder conferido pola Constitución e en nome do Rei, Amelia María Cortizo Moure, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 desta cidade, ditou esta resolución no procedemento 683/2011 que versa sobre despedimento entre partes:

Demandante. Macarena Vidal Piñeiro, asistida da letrada señora Romero Salgado.

Demandada. A entidade Blanco Sayans, Manuel José (café-bar Maloserá). Non comparece.

Resolvo que, con estimación da demanda presentada por Macarena Vidal Piñeiro fronte á empresa Blanco Sayans, Manuel José (café-bar Maloserá), debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado, condenando a entidade demandada a se ater a esta declaración e a que aboe á demandante a cantidade de 483,84 euros en concepto de indemnización por despedimento máis 5.812,8 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade que resulte aplicando o haber diario de 33,6 euros desde a data desta resolución ata o día de notificación da sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes coas especialidades previstas nas leis respecto á empresa demandada.

Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.

No caso de que quen pretendese recorrer no teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou non gozase do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, no momento de anunciar o recurso e no prazo de cinco días sinalado, consignar a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista na clave de expediente xudicial 5076000065068311; e que no momento de formalizar o recurso de suplicación, deberá xuntar xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade de 150 euros, na conta deste órgano xudicial, expediente 5076000034068311, aberta no Banco Español de Crédito, co número 0030-1846-42-0005001274, debendo facer constar no campo observacións a indicación de depósito para a interposición de recurso de suplicación.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Manuel José Blanco Sayans, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial