Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2271

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 28 de outubro de 2011 (DOG n.º 214, do 9 de novembro), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, realizarán dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Cabana Leira, Indalecio.

N.º de rexistro persoal: 3263719535 A0591.

Corpo ou escala: corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Subgrupo: A2.

Posto de traballo: xefe territorial.

Código: ED.C99.10.000.15001.036.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial na Coruña.

Localidade: A Coruña.