Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (873/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por proposta de providencia ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Zita Rey Rivera contra Limpiezas Fina, S.C., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 873/08, se acordou notificar a Limpiezas Fina, S.C., en ignorado paradoiro, co fin de que teña coñecemento da decisión da sentenza ditada no presente procedemento:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Zita Rey Rivera, debo condenar e condeno á empresa Limpiezas Fina, S.C. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 946,56 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Limpiezas Fina, S.C., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial