Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (549/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de José Manuel Gantes Roca contra Servizo Galego de Saúde (Sergas), Mutua Fremap, Decoraciones Alferpe, S.L. e Instituto Nacional de Seguridade Social, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número 549/10, se acordou citar a Decoraciones Alferpe, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de notificar a resolución ditada no presente procedemento:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Manuel Gantes Roca contra INSS, Servizo Galego de Saúde, Mutua Fremap e Decoraciones Alferpe, S.L. absolvendo os codemandados dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de citación a Decoraciones Alferpe, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial