Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1988

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (393/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Marta Quinteiro Lago contra Ocaper Gourmet, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 393/2011, se acordou notificar a Ocaper Gourmet, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de notificarlle a sentenza ditada no presente procedemento:

Que, estimando a demanda interposta por Marta Quinteiro Lago contra a empresa Ocaper, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que aboe unha indemnización de 1.724,66 euros máis 11.581,37 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

E para que sirva de notificación a Ocaper Gourmet, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial