Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1987

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (174/2011).

Francisca María Martín Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Vigo, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Ibercaja Banco, S.A.U. fronte a Ricardo Collado Martínez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, dous de decembro de dous mil once.

En nome de S.M. El-Rei.

Vistas por M.ª Lourdes Platero Parada, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo e do seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co número 174/2011, promovidos por instancia do procurador dos tribunais Sr. Toucedo Rey, en nome e representación de Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Zaragoza fronte a Ricardo Collado Martínez, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade (3.888,24 euros), e resultando os seguintes.

Decisión que debo estimar e estimo a demanda interposta polo Sr. Toucedo Rey, en nome e representación de Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Zaragoza, fronte a Ricardo Collado Martínez, en rebeldía, e debo condenar o dito demandado a pagarlle á demandante a cantidade de 3.888,24 euros máis os xuros pactados e as custas deste xuízo.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas».

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E encontrándose o dito demandado, Ricardo Collazo Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, conforme o artigo 497.2 da LAC.

Vigo, 9 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial