Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1985

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (64/2010-CON).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 64/2010-CON a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 683/2007 do Xulgado do Social número 2 da Coruña promovidos por José García González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jogarca, S.L., Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e de enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151, sobre accidente de grao, con data 21 de decembro de 2011 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso interposto por José García González contra a sentenza que con data do 30 de outubro de 2009 ditou o Xulgado do Social número 2 da Coruña no procedemento n.º 683/2007 sobre accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a cal recorreu.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nestas dependencias, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Jogarca, S.L., expido e asino este edicto na Coruña, 21 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado