Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, mediante a Orde do 18 de outubro de 2011 (DOG n.º 217, do 14 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada por Orde desta consellería do 18 de outubro de 2011.
Segundo. O cesamento no actual destino do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días, a contar a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data en que debe cesar no seu destino o persoal está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o persoal, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o persoal, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses a contar a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
ANEXO
Apelidos e nome: Obenza Muradás, Susana.
NRP: 3496178557 A2053.
Grupo: C1.
Corpo/escala: corpo administrativo da Xunta de Galicia.
Denominación do posto: directora Residencia Tempo Libre.
Código: TR.C99.40.210.32190.001.
Nivel: 25.
Dependencia: Residencia Tempo Libre do Carballiño.
Localidade: O Carballiño.
Apelidos e nome: Pérez Pérez, Concepción.
NRP: 4446149257L145100062.
Grupo: II.
Categoría: 006.
Denominación do posto: directora administradora.
Código: TR.C99.40.801.32230.001.
Nivel: 22.
Dependencia: Residencia de Maiores (Castro Caldelas).
Localidade: Castro Caldelas.
Observacións: B18//Complemento singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 22, co límite establecido no Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.