Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1813

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (419/2010).

No xuízo da referencia, foi ditada a resolución cuxo texto literal é o seguinte:

«Sentenza. En Vigo, 15 de xuño de 2011.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 419/2010, promovidos por Bincoman, S.A., representada polo procurador Sr. Gallego Martín-Esperanza e asistida do letrado Sr. Torres Laguna; contra Feliciano Graña Fernández, en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando integramente a demanda promovida por Bincoman, S.A. contra Feliciano Graña Fernández, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 150.000 euros en concepto de principal, máis os xuros pactados, e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíquese ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a D.A. décimo quinta da L.O.P.X., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, unha comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, consignando no campo «Concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, despois da conta referida, separados por un espazo, a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así acórdoo, mándoo e asínoo».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente notifícase a Feliciano Graña Fernández para os fins e baixo os apercibimentos expresados.

Vigo, 9 de decembro de 2011.

María Lago Rivero
A secretaria xudicial