Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1811

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (847/2009).

Xuízo procedemento ordinario 847/2009.

Parte demandante: Desurbin, S.L.U.

Parte demandada: Estrela Rodríguez Álvarez.

No xuízo referenciado ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión son do texto literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 15 de outubro de 2009.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 847/2009, promovidos por Desurbin, S.L.U., representada pola procuradora Sra. Pazo Irazu e asistida do letrado Sr. Lois Bastida, contra Estrella Rodríguez Álvarez, en situación procesual de rebeldía.

Decisión.

Admitindo parcialmente a demanda promovida pola representación de Desurbin, S.L.U. contra Estrella Rodríguez Álvarez, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 50.000 euros en concepto de principal, máis xuros remuneratorios ao tipo pactado na cláusula terceira do contrato durante o período pactado, e xuros de demora pactados na cláusula sétima desde o vencemento da obriga de pagamento; sen expresa imposición das custas procesuais a ningunha das partes.

Notifíqueselles ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente notifícase en legal forma a Estrella Rodríguez Álvarez para os fins e baixo os apercibimentos contidos nela.

Vigo, vinte e dous de xuño de dous mil dez.

A secretaria xudicial