Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1810

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de aclaración de sentenza (RSU 3706/2011 MCR).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento do recurso de suplicación 0003706/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Penalva y Lledó, S.A. contra Ángel Rubianes Vidal e outros sobre despedimento disciplinario, foi ditado auto de aclaración da sentenza ditada neste procedemento con data 7.12.2011, cuxa parte dispositiva di así:

«Que procede aclarar de oficio a resolución desta sala de data 7.12.2011 ditada nestas actuacións, o que se fai no sentido seguinte:

Onde di: “Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Ángel Rubianes Vidal”; debe dicir: “Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola entidade Penalba y Lledó, S.A.”».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial