Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (968/2010).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento ordinario 968/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo López Álvarez contra a empresa Gentina, S.A. e Servicur Seguridad, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Que estimando parcialmente a demanda formulada por Pablo López Álvarez, con absolución da demandada Gentina, S.A., condeno a empresa Servicur Seguridad, S.L., a aboarlle ao demandante a cantidade de 670,56 euros, á cal lle será de aplicación unha recarga por mora do 10% anual. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos límites legais. Así mesmo, condeno a demandada Servicur Seguridad, S.L. ao pagamento dunha multa por importe de 180 euros, así como ao aboamento dos honorarios do avogado da parte demandante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e comuníqueselles que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicur Seguridad, S.L., expido este edicto en Lugo o 21 de decembro de 2011.

O secretario xudicial