Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1816

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (714/2009).

M.ª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 714/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Costa Fraiz contra a empresa Sociga Estudio, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Pablo Costa Fraiz, e condeno a mercantil Sociga Estudio, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 14.811,50 euros, máis o 10% da dita cantidade por demora no pagamento desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Sociga Estudio, S.L., Pablo Costa Fraiz, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao/á destinatario/a que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial