Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos número OU-E-165/11e OU-E-173/11.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega, a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da Lei orgánica 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro), e a disposición transitoria 1.ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer ante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. Habana, n.º 79, 2.º, Ourense.

Ourense, 27 de decembro de 2011.

Luis J. Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-165/11.

NIF: J32404782.

Denunciados: Alejandro Félix Figueiroa e Marcos Alonso Paz.

Enderezo: r/ Marcelo Macías, 12, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Stereo, r/ Marcelo Macias, 12, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 90 euros.

Número de expediente: OU-E-173/11.

NIF: B32329054.

Denunciada: Bercel Xinzo, S.L.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Q + DA, r/ Curros Enriquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 2.400 euros.