Aprobado o orzamento económico de 2012 polo Consello de Goberno, con data do 21 de decembro de 2011, e polo Consello Social o día 29 de decembro de 2011, esta reitoría resolveu publicar o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio económico de 2012, que figura no anexo desta resolución.
Vigo, 30 de decembro de 2011.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
1. Previsión de ingresos.
Estimación de ingresos para o exercicio 2012 |
|||
Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos |
|||
31 |
|
Prezos públicos |
15.195.000,00 |
|
310 |
Dereitos de matrícula en cursos e seminarios |
90.000,00 |
|
311 |
Cotas de instalacións deportivas e outros espazos |
180.000,00 |
|
313 |
Dereitos de matrícula e servizos académicos |
14.900.000,00 |
|
314 |
Outros ingresos extensión universitaria |
25.000,00 |
32 |
|
Outros ingresos procedentes |
655.000,00 |
|
327 |
Servizos prestados por actividades investigadoras |
305.000,00 |
|
328 |
Dereitos de custos indirectos |
350.000,00 |
33 |
|
Venda de bens |
4.000,00 |
|
330 |
Venda de publicacións propias |
4.000,00 |
Total capítulo III |
15.854.000,00 |
||
Capítulo IV. Transferencias correntes |
|||
40 |
|
Da Administración do Estado |
5.493.740,00 |
|
400 |
Do MEC |
5.493.740,00 |
41 |
|
De organismos autónomos administrativos |
305.058,00 |
|
410 |
De organismos autónomos administrativos |
305.058,00 |
45 |
|
Da comunidade autónoma |
104.655.940,00 |
|
450 |
Da Xunta |
104.655.940,00 |
|
450.00 |
Financiamento estrutural |
88.600.735,00 |
|
450.01 |
Financiamento por resultados |
6.366.990,00 |
|
450.02 |
Financiamento por mellora da calidade |
5.940.000,00 |
|
450.03 |
Prazas vinculadas e persoal de investigación |
3.446.555,00 |
|
450.09 |
Outras subvencións |
301.660,00 |
46 |
|
De corporacións locais |
261.200,00 |
|
460 |
De concellos |
55.000,00 |
|
461 |
De deputacións |
206.200,00 |
47 |
|
De empresas privadas |
780.000,00 |
|
470 |
De empresas privadas |
780.000,00 |
48 |
|
De familias e institucións sen ánimo de lucro |
51.415,00 |
|
481 |
De familias e institucións sen ánimo de lucro |
51.415,00 |
Total capítulo IV |
111.547.353,00 |
||
Capítulo V. Ingresos patrimoniais |
|||
52 |
|
Xuros de depósitos |
135.000,00 |
|
520 |
Xuros das contas bancarias |
135.000,00 |
54 |
|
Rendas de bens inmobles |
50.000,00 |
|
540 |
Aluguer de locais |
50.000,00 |
55 |
|
Produtos de concesións administrativas |
5.000,00 |
|
550 |
Produtos de concesións administrativas |
5.000,00 |
Total capítulo V |
190.000,00 |
||
Capítulo VII. Transferencias de capital |
|||
70 |
|
Da Administración do Estado |
6.900.000,00 |
|
700 |
De Ministerios |
6.900.000,00 |
75 |
|
Da comunidade autónoma |
8.468.964,00 |
|
750 |
Da Xunta |
8.468.964,00 |
|
750.00 |
Financiamento estrutural |
1.982.964,00 |
|
750.02 |
Proxectos de investigación |
5.600.000,00 |
|
750.03 |
Infraestrutura de investigación |
886.000,00 |
76 |
|
De corporacións locais |
130.000,00 |
|
760 |
De concellos |
50.000,00 |
|
761 |
De deputacións |
80.000,00 |
77 |
|
De empresas privadas |
3.820.000,00 |
|
770 |
De empresas privadas |
70.000,00 |
|
771 |
Contratos de investigación |
3.750.000,00 |
Total capítulo VII |
19.318.964,00 |
||
Total operacións non financeiras |
146.910.317,00 |
||
Capítulo VIII. Variación de activos financeiros |
|||
87 |
|
Remanente de tesouraría |
16.059.428,00 |
|
870 |
Remanentes de tesouraría |
16.059.428,00 |
Total capítulo VIII |
16.059.428,00 |
||
Total operacións financeiras |
16.059.428,00 |
||
TOTAL |
162.969.745,00 |
2. Orzamento de gastos.
Resumo xeral consolidado do orzamento de gastos segundo a clasificación económica
Art. |
Cto. |
Subcto. |
Denominación do gasto |
Subcto. |
Cto. |
Art. |
Capítulo I. Gastos de persoal |
||||||
10 |
Altos cargos e delegados |
250.000 |
||||
100 |
Altos cargos |
250.000 |
||||
11 |
Persoal eventual |
146.000 |
||||
110 |
Retribucións básicas |
146.000 |
||||
12 |
Funcionarios |
52.953.700 |
||||
120 |
Retribucións básicas |
21.771.200 |
||||
121 |
Retribucións complementarias |
31.182.500 |
||||
13 |
Laborais |
10.167.000 |
||||
130 |
Laborais fixos |
7.580.000 |
||||
131 |
Laborais eventuais |
2.587.000 |
||||
14 |
Outro persoal |
17.354.800 |
||||
140 |
Persoal docente e contratado |
16.466.800 |
||||
140.00 |
Contratados docentes |
12.620.000 |
||||
140.02 |
Novas prazas e transformacións |
580.000 |
||||
140.06 |
Persoal investigador subvencionado-convocatorias MEC |
1.392.000 |
||||
140.05 |
Lectores |
70.000 |
||||
140.08 |
Persoal investigador subvencionado-convocatorias Xunta |
1.804.800 |
||||
143 |
Outro persoal |
888.000 |
||||
143.01 |
Persoal técnico financiado con subvención pública |
888.000 |
||||
15 |
Incentivos ao rendemento |
750.000 |
||||
150 |
Produtividade PAS |
724.000 |
||||
151 |
Gratificacións do P. funcionario PAS |
26.000 |
||||
16 |
Cotas prestación e gastos sociais a cargo do empregador |
11.976.500 |
||||
160 |
Cotas da Seguridade Social |
11.195.000 |
||||
162 |
Gastos sociais do persoal |
781.500 |
||||
162.00 |
Cursos de formación PAS |
195.000 |
||||
162.04 |
Plan de pensións |
235.000 |
||||
162.99 |
Outros gastos sociais |
351.500 |
||||
|
|
|
Total capítulo I |
|
|
93.598.000 |
Cap. II. Gastos correntes en bens e servizos |
||||||
20 |
Arrendamentos |
373.000 |
||||
209 |
Licenzas |
373.000 |
||||
21 |
Reparación e conservación |
2.725.545 |
||||
212 |
De edificios e outras construcións |
1.299.774 |
||||
213 |
De maquinaria, instalacións e ferramenta |
1.145.771 |
||||
214 |
De material de transporte |
55.000 |
||||
215 |
De mobiliario e equipamento |
225.000 |
||||
22 |
Material, subministracións e outros |
20.600.293 |
||||
220 |
Material de oficina |
734.413 |
||||
221 |
Subministracións |
4.447.804 |
||||
221.01 |
De servizos administrativos |
3.844.344 |
||||
221.02 |
De docencia |
389.460 |
||||
221.23 |
Medios bibliográficos dixitais |
214.000 |
||||
222 |
Comunicacións |
453.304 |
||||
223 |
Transportes |
80.850 |
||||
224 |
Primas de seguros |
160.000 |
||||
225 |
Tributos |
6.000 |
||||
226 |
Gastos diversos |
1.860.530 |
||||
226.01 |
Atencións protocolarias |
300.292 |
||||
226.02 |
Publicidade e propaganda |
376.966 |
||||
226.03 |
Xurídico-contencioso |
20.000 |
||||
226.09 |
Cotas de organismos |
20.950 |
||||
226.12 |
CIUG |
195.000 |
||||
226.99 |
Outros gastos |
947.322 |
||||
227 |
Traballos realizados por outras empresas |
8.853.672 |
||||
227.00 |
Limpeza e aseo |
4.200.000 |
||||
227.01 |
Seguridade |
715.000 |
||||
227.06 |
Estudos e traballos técnicos |
1.265.000 |
||||
227.09 |
Outros |
2.673.672 |
||||
228 |
Cursos e conferencias |
3.094.941 |
||||
228.00 |
Obradoiros |
135.000 |
||||
228.01 |
Cursos |
184.000 |
||||
228.02 |
Conferencias |
2.707.941 |
||||
228.08 |
Normalización lingüística |
68.000 |
||||
229 |
Extensión universitaria |
908.779 |
||||
229.01 |
Actividades culturais |
365.000 |
||||
229.02 |
Actividades dos equipos deportivos |
335.000 |
||||
229.03 |
Delegacións de alumnado |
57.080 |
||||
229.04 |
Prácticas de campo |
90.699 |
||||
229.07 |
Outras actividades |
36.000 |
||||
229.10 |
Voluntariado |
25.000 |
||||
23 |
Indemnización por razón de servizos |
693.869 |
||||
230 |
Axudas de custo e locomoción |
642.369 |
||||
230.01 |
Administración |
339.422 |
||||
230.02 |
Teses de doutoramento |
150.000 |
||||
230.03 |
Concursos e habilitacións de prazas docentes |
60.000 |
||||
230.04 |
Concursos de prazas PAS |
5.000 |
||||
230.05 |
Consellos de departamentos |
35.947 |
||||
230.06 |
Desprazamentos dos docentes |
30.000 |
||||
230.09 |
Outras axudas de custo |
22.000 |
||||
233 |
Outras indemnizacións |
51.500 |
||||
233.00 |
Asistencia aos tribunais de prazas PAS |
6.000 |
||||
233.01 |
Asistencia aos tribunais de prazas docentes |
28.000 |
||||
233.02 |
Claustro da Xunta de Goberno e comisións |
6.000 |
||||
233.03 |
Xunta de persoal docente |
1.750 |
||||
233.04 |
Xunta de persoal funcionario PAS |
1.750 |
||||
233.05 |
Comité PAS laboral |
1.750 |
||||
233.06 |
Comité PDI laboral |
1.750 |
||||
233.09 |
Outras indemnizacións |
4.500 |
||||
24 |
Publicacións |
105.000 |
||||
240 |
Edicións e publicacións |
105.000 |
||||
28 |
Plan de calidade docente |
500.000 |
||||
280 |
Produción docente |
500.000 |
||||
280.01 |
Produción docente dos departamentos |
200.000 |
||||
280.02 |
Calidade docente nos centros |
300.000 |
||||
|
|
|
Total capítulo II |
|
|
24.997.707 |
Capítulo III. Gastos financeiros |
||||||
35 |
Xuros de demora e outros gastos financeiros |
50.000 |
||||
352 |
Xuros de demora |
40.000 |
||||
359 |
Outros gastos financeiros |
10.000 |
||||
|
|
|
Total capítulo III |
|
|
50.000 |
Capítulo IV. Transferencias correntes |
||||||
44 |
A socied. mercant. est. entid. sen fin de lucro etc. |
1.339.206 |
||||
444 |
Convenios entidades públicas |
1.339.206 |
||||
48 |
Familias e institucións sen fins de lucro |
4.072.390 |
||||
481 |
Bolsas formación investigadores e profesorado |
1.150.000 |
||||
481.01 |
Bolsas de viaxe |
60.000 |
||||
481.02 |
Bolsas para estadías |
460.000 |
||||
481.03 |
Bolsas estadías FPI |
630.000 |
||||
482 |
Bolsas estudantes |
2.274.990 |
||||
482.01 |
Comedor |
228.500 |
||||
482.02 |
Bolsas terceiro ciclo/Posgrao |
158.000 |
||||
482.05 |
Bolsas informáticas centros-PC |
424.920 |
||||
482.07 |
Deportivas |
39.200 |
||||
482.08 |
Bolsas de apoio a centros de investigación e tecnolóxicos |
87.000 |
||||
482.11 |
Bolsas colaboradores/as |
45.300 |
||||
482.15 |
Bolsas de residencias |
85.000 |
||||
482.16 |
Bolsas de avaliación docente |
110.000 |
||||
482.21 |
Bolsas de apoio de Normalización Lingüística |
22.000 |
||||
482.24 |
Bolsas dos programas de calidade CEES |
60.000 |
||||
482.25 |
Bolsas axudas os estudios |
19.500 |
||||
482.30 |
Bolsas para mobilidade POP e títulos propios |
145.000 |
||||
482.31 |
Bolsas do Consello Social |
23.850 |
||||
482.32 |
Mobilidade Séneca |
75.000 |
||||
482.99 |
Outras |
751.720 |
||||
483 |
Actividades deportivas para o alumnado |
39.000 |
||||
483.01 |
Subvencións de actividades deportivas para alumnado |
39.000 |
||||
484 |
Outras subvencións e transferencias |
608.400 |
||||
484.01 |
Subvención asociación alumnado |
26.000 |
||||
484.02 |
Subvencións transportes |
190.000 |
||||
484.03 |
Subvención fundacións |
302.800 |
||||
484.06 |
Subvencións para a integración de discapacitados/as |
23.000 |
||||
484.07 |
Bolsas excelencia académica |
22.000 |
||||
484.09 |
Outras |
44.600 |
||||
49 |
O exterior |
2.378.875 |
||||
492 |
Bolsas de intercambio |
2.378.875 |
||||
|
|
|
Total capítulo IV |
|
|
7.790.471 |
Capítulo V. Fondo de Continxencia |
||||||
50 |
Fondo de Continxencia |
360.000 |
||||
500 |
Fondo de Continxencia |
360.000 |
||||
|
|
|
Total capítulo V |
|
|
360.000 |
Capítulo VI. Investimentos reais |
||||||
62 |
Investimento asoc. funcionamento servizos |
13.389.171 |
||||
622 |
Edificios e outras construcións |
5.752.340 |
||||
623 |
Maquinaria, instalacións e ferramentas |
2.337.428 |
||||
625 |
Mobiliario e equipamento |
3.589.403 |
||||
626 |
Equipamento docente dos laboratorios |
800.000 |
||||
628 |
OIM Biblioteca |
910.000 |
||||
628.02 |
Fondos bibliográficos |
910.000 |
||||
64 |
Gastos de investimento de carácter inmaterial |
20.192.396 |
||||
641 |
Axuda xeral á investigación |
3.264.000 |
||||
641.00 |
Terceiro ciclo |
295.000 |
||||
641.01 |
Gastos de investigación dos departamentos |
1.100.000 |
||||
641.02 |
Axudas a equipos de investigación |
760.000 |
||||
641.03 |
Axudas á formación de investigadores |
792.000 |
||||
641.05 |
Reunións científicas |
230.000 |
||||
641.06 |
Axuda transferencia resultados investigación |
87.000 |
||||
644 |
Programa investimentos MEC |
2.400.000 |
||||
645 |
Programa investimentos XUNTA |
5.600.000 |
||||
646 |
Programas investimentos cofinanciados |
5.024.396 |
||||
647 |
Programas investimentos outros organismos |
154.000 |
||||
648 |
Contratos de investigación |
3.750.000 |
||||
|
|
|
Total capítulo VI |
|
|
33.581.567 |
Capítulo VIII. Activos financeiros |
||||||
83 |
Concesión de préstamos fóra do sector público |
50.000 |
||||
830 |
Préstamos corto prazo |
50.000 |
||||
830.08 |
Familias e institucións sen fin de lucro |
50.000 |
||||
|
|
|
Total capítulo VIII |
|
|
50.000 |
Capítulo IX . Pasivos financeiros |
||||||
91 |
Devolución de préstamos recibidos |
2.542.000 |
||||
911 |
Devolución de préstamos longo prazo sector público |
2.542.000 |
||||
|
|
|
Total capítulo IX |
|
|
2.542.000 |
|
|
|
TOTAL GASTOS |
162.969.745 |
IV. Normas de desenvolvemento do orzamento 2012.
As normas de desenvolvemento que acompañan ao orzamento teñen como obxectivo acadar a correcta xestión do orzamento, do patrimonio e da actividade económico-financeira da Universidade de Vigo. O seu contido refírese á autorización, vinculación e modificación dos créditos, xestión dos gastos de persoal e outros gastos, subvencións, contratación administrativa, xestión do patrimonio e memoria anual.
A súa elaboración realízase ao abeiro do establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades e nos Estatutos da Universidade de Vigo, das normas que rexen a actividade económico-financeira do sector público de Galicia e estatal e da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
Título I
Da aprobación do orzamento e das súas modificacións
Capítulo I
Créditos iniciais e financiamento
Artigo 1. Aprobación dos estados de gastos e ingresos da Universidade de Vigo.
1. Apróbase o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio de 2012 integrado polos estados de gastos e ingresos.
2. Para a execución das actividades da universidade reflectidas nos programas do seu estado de gastos apróbanse créditos por un importe de 162.969.745 euros.
3. No estado de ingresos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio orzamentario e que por normativa orzamentaria suman o mesmo importe que as dotacións de crédito para gastar.
Artigo 2. Clasificación dos créditos.
1. O estado de gastos confeccionarase aplicando unha clasificación funcional por programas que informa do obxectivo que se quere acadar, unha orgánica que informa sobre o centro ou unidade da universidade que realiza o gasto e unha económica que informa da natureza deste.
2. Os créditos clasifícanse nos programas funcionais seguintes:
Código |
Denominación |
111L |
Docencia |
121D |
Apoio ao alumnado e a docencia |
131H |
Fomento e desenvolvemento da investigación |
141B |
Dotación de fondos bibliográficos |
211E |
Extensión universitaria |
311V |
Dotación e mantemento de infraestruturas |
421S |
Goberno e administración da universidade |
3. Os créditos clasifícanse organicamente nos seguintes centros de gasto:
Código |
Denominación |
0000 |
Reitoría/Xerencia |
00CS |
Consello Social |
00DC |
Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade |
00EP |
Vicerreitoría de Economía e Planificación |
00EU |
Vicerreitoría de Extensión Universitaria |
00RI |
Vicerreitoría de Relacións Internacionais |
00TG |
Tribunal de Garantías |
00VT |
Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento |
00VI |
Vicerreitoría de Investigación |
BUV1 |
Biblioteca Universitaria |
CAT1 |
Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación-CACTI |
EMT1 |
Estación de Ciencias Mariñas de Toralla |
ORI1 |
Oficina de Relacións Internacionais |
OUR1 |
Vicerreitoría do Campus de Ourense |
PON1 |
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra |
00XX |
Facultades e escolas universitarias |
LLXX |
Departamentos |
4. Os créditos de gasto clasifícanse, atendendo á súa natureza, en capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, se fose o caso.
Capítulo |
Denominación |
I |
Gastos de persoal |
II |
Gastos en bens e servizos correntes |
III |
Gastos financeiros |
IV |
Transferencias correntes |
V |
Fondo de continxencia |
VI |
Investimentos reais |
VIII |
Activos financeiros |
IX |
Pasivos financeiros |
Capítulo II
Modificación e execución de créditos orzamentarios
Artigo 3. Especialidade dos créditos.
Os créditos para gastos destinaranse exclusivamente á finalidade específica para a que se autorizaron ao aprobar o orzamento ou as correspondentes modificacións orzamentarias, respectando os principios de especialidade temporal, cualitativa e cuantitativa.
Artigo 4. Vinculación dos créditos.
1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitado a nivel de artigo agás:
a) No capítulo I, os créditos destinados a incentivos ao rendemento (150 e 151) que terán carácter vinculante a nivel de concepto.
b) No capítulo II, serán vinculantes os seguintes subconceptos:
226.01. Atencións protocolarias.
226.02. Publicidade e propaganda.
229.03. Delegación de alumnado.
230.06. Desprazamentos docentes.
230.07. Axudas para mobilidade MEC, XUNTA, que recollerá axudas para mobilidade de estudantes e profesores financiadas con achegas do Ministerio de Educación e Ciencia e da Xunta de Galicia.
233.03. Xunta de persoal docente e investigador.
233.04. Xunta de persoal de administración e servizos.
233.05. Comités de empresa de persoal de administración e servizos.
233.06. Comités de empresa de persoal docente e investigador.
c) No capítulo VI, os créditos destinados a equipamento de laboratorios docentes (626), e os clasificados no artigo 64 que terán a vinculación co nivel de desagregación que se indique no documento orzamentario.
2. No entanto, terán carácter vinculante, co nivel de desagregación que apareza no estado de gastos, os créditos que teñan financiamento específico.
3. Non se poden adquirir compromisos de gastos por unha contía superior aos importes dos créditos autorizados no estado de gastos, e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan estas normas, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.
Artigo 5. Distribución dos créditos.
O orzamento poderá executarse mediante subprogramas. Poderán crearse novos subprogramas unha vez aprobado o orzamento, os cales poderán ser dotados mediante redistribución de crédito ou transferencia de crédito dentro do mesmo programa de gasto.
Artigo 6. Fondo de continxencia.
1. Co fin de facer fronte durante o exercicio orzamentario a necesidades inaprazables para as que non se fixera en todo ou en parte unha axeitada dotación de crédito, inclúese no orzamento da universidade a aplicación orzamentaria 0000 421S 500 «Fondo de continxencia». Este fondo poderá ser destinado a financiar créditos ampliables ou transferencias de crédito.
2. Este fondo, ademais da consignación inicial contida no orzamento, poderá ser dotado con xeracións de crédito por unha maior recadación de ingresos non finalistas, por retencións noutros créditos ou con remanente non afectado de tesouraría, neste último caso precisará autorización previa do Consello de Goberno.
3. A dotación ou a utilización do fondo, con independencia do indicado nos seguintes artigos, será autorizada pola xerencia tras a instrución do oportuno expediente. Para a dotación e utilización do fondo deberán xustificarse, respectivamente, as súas fontes de financiamento e as necesidades orzamentarias que se prevé atender. A xerencia dará conta periodicamente ao Consello de Goberno e ao Consello Social.
Artigo 7. Principios xerais nas modificacións de créditos.
1. Son modificacións de crédito as variacións que poden autorizarse nos créditos que financian o estado de gastos para adecualos ás necesidades que se produzan durante a execución do orzamento.
2. Todo acordo de modificación orzamentaria requirirá a instrución do oportuno expediente polo administrador de centro/ámbito/campus, director ou xefe do servizo, o cal conterá unha memoria xustificativa cos motivos que fundamentan a proposta, indicando tanto os referentes á realización do novo gasto proposto como, se é o caso, a suspensión da actuación inicialmente prevista e a repercusión sobre os obxectivos do programa afectado, e na que, como mínimo, se expresarán os programas e conceptos afectados co maior nivel de detalle, así como o seu financiamento no caso de que a modificación implique aumento neto do gasto.
Artigo 8. Xeracións de crédito.
1. Os ingresos que acheguen persoas naturais ou xurídicas, públicas ou privadas, e que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade, poderán xerar crédito no estado de gastos. Tamén poderán xerar crédito:
a) O alleamento de bens patrimoniais da universidade.
b) A prestación de servizos.
c) O reembolso de empréstitos.
d) O crédito do exterior para investimentos.
e) O mecenado.
2. De existir partida dotada no orzamento inicial, os anteditos ingresos darán lugar á tramitación dun expediente de ampliación de créditos, sempre que se superen as previsións orzamentarias ou se xustifique a súa non inclusión nelas.
3. No expediente de xeración de crédito terá que constar a xustificación acreditativa de ingresos efectuados, así como a inexistencia de aplicación orzamentaria específica, se fose o caso. A xerencia é o órgano competente para a aprobación destas modificacións e no caso de convenios ou resolucións de entidades públicas pode autorizar a xeración de crédito dando credencial do compromiso do ingreso mediante copia do convenio asinado ou da resolución. A xerencia dará conta periodicamente destas modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.
Artigo 9. Créditos ampliables.
1. Terán excepcionalmente a consideración de ampliables os créditos seguintes:
– Os destinados ao pagamento das cotizacións á Seguridade Social.
– Os destinados ao pagamento de xuros, amortización de préstamos ou de operacións de crédito concertadas pola universidade.
– Os destinados á cobertura de necesidades de toda orde motivadas por sinistros, catástrofes ou outros de recoñecida urxencia.
– Os destinados a atender as obrigas contidas nas seguintes aplicacións da clasificación económica:
a) 230.02 «Tese de doutoramento», establécese un límite máximo de 1.300 € de gasto por tese de doutoramento con cargo á partida centralizada. O devandito límite só poderá incrementarse, en caso de teses con mención europea ou internacional, por resolución de autorización da Comisión de Estudos de Posgrao. Neste caso deberá indicarse a aplicación orzamentaria que se fará cargo da ampliación.
b) 230.03 «Concursos e habilitacións de prazas docentes».
c) 230.04 «Concursos de prazas PAS».
d) 233.00 «Asistencia aos tribunais de prazas PAS».
e) 233.01 «Asistencia aos tribunais de prazas docentes».
f) 359 «Outros gastos financeiros».
2. A xerencia autorizará as ampliacións de crédito. O expediente de ampliación de créditos deberá establecer a fonte de financiamento da dita ampliación, distinguindo se se financiará con reducións noutros créditos, con maiores recursos que se vaian obter ou con remanente non afectado de tesouraría. A xerencia dará conta periodicamente das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.
Artigo 10. Transferencias de crédito.
1. Consisten no traspaso da totalidade ou parte dos créditos dun concepto orzamentario a outro do orzamento de gastos, é dicir, na minoración dun ou varios conceptos en favor doutro ou doutros que aumentan globalmente na mesma contía. A proposta de diminución dun crédito dos que teñen financiamento xenérico ten que garantir que, no crédito minorado, quede consignación suficiente para atender os gastos previstos ata o final do exercicio.
2. As transferencias de crédito estarán suxeitas ás seguintes limitacións xerais:
a) Non poderán minorarse créditos que fosen incrementados mediante transferencia.
b) Non poderán afectar créditos incorporados como consecuencia de remanentes non comprometidos en exercicios anteriores.
c) Non incrementarán créditos que, como consecuencia doutras transferencias, fosen obxecto de minoración.
d) Non poderán afectar créditos con financiamento específico, agás autorización, que deberá de acreditarse no expediente do ente financiador.
e) Non poderán minorarse créditos ampliables.
3. Así mesmo, non poden minorarse mediante transferencia as dotacións do subconcepto 230.06 asignada a cada departamento. Non poden incrementarse os créditos do subconcepto 641.01 asignado ao programa de gastos de departamentos mediante transferencias desde outros conceptos do mesmo programa, nin as dotacións dos subconceptos 226.01, 280.01 e 280.02 con independencia do programa afectado.
4. Correspóndelles aprobar as transferencias de crédito aos seguintes órganos:
a) Ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, as transferencias de gastos de capital a gastos correntes, calquera que sexa o programa a que afecten.
b) Ao Consello de Goberno, as transferencias de crédito entre conceptos de diferentes programas, agás as mencionadas na letra a).
c) Ao xerente, por delegación do Consello de Goberno, as transferencias entre créditos das diversas epígrafes dun mesmo ou de diferentes capítulos de gasto correspondentes ao mesmo programa, agás as mencionadas nas letras a) e b).
Artigo 11. Redistribucións de crédito.
1. As dotacións de crédito que sexan realizadas desde os centros xestores de programas de gasto ás diferentes clasificacións orgánicas para a súa xestión descentralizada serán consideradas redistribucións de crédito e non transferencias de crédito, sempre que non modifiquen nin a clasificación funcional nin a clasificación económica.
2. No referente a proxectos de investigación a redistribución poderá realizarse aos diferentes subconceptos que reflicten os diferentes tipos de axudas.
3. As redistribucións de crédito serán ordenadas polo xerente, por proposta do vicerreitor correspondente en función da materia de que se trate, quen deberá achegar aos administradores de centros/campus e xefes de servizo afectados copia dos acordos de distribución.
Artigo 12. Contratos-programa con grupos de investigación.
1. A xerencia, por proposta da Vicerreitoría de Investigación, poderá autorizar a apertura de aplicacións orzamentarias de gasto para os grupos de investigación que subscriban un contrato-programa.
A autorización poderá vir acompañada do rexistro como centro de gasto do grupo de investigación, caso en que se lle asignarán os créditos de gasto necesarios para desenvolver o contrato-programa, os proxectos e actividades financiadas con axudas externas e internas e os contratos de I+D con empresas e institucións.
2. O contrato-programa poderá ter unha duración máxima de tres anos e poderá ser prorrogado ata un máximo da duración inicial prevista.
3. As actividades previstas nos contratos-programa poderán ser financiadas mediante axudas propias da universidade, recursos libres xerados por contratos de I+D con empresas e institucións e proxectos europeos, transferencias desde departamentos e calquera outro recurso, interno ou externo, que non implique un proxecto con aplicacións orzamentarias específicas. En todo caso, este financiamento efectuarase de acordo co establecido na normativa vixente da universidade.
4. A xerencia dará conta, periodicamente, das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.
Artigo 13. Imputación de obrigas.
1. Con cargo aos créditos do estado de gastos de cada orzamento, só poderán contraerse obrigas derivadas de adquisicións, obras ou servizos e demais prestacións, ou gastos en xeral, que se realicen no ano natural do propio exercicio orzamentario.
2. Non obstante, aplicaranse aos créditos do orzamento vixente no momento da expedición das ordes de pagamento as obrigas seguintes:
a) As que resulten da liquidación de atrasos a favor do persoal que perciba as súas retribucións con cargo ao orzamento da universidade.
b) As derivadas de compromisos de gasto debidamente recoñecidos en exercicios anteriores e especialmente as indemnizacións por razóns de servizo xeradas no último trimestre do ano anterior.
c) As que resulten de gastos realizados en exercicios anteriores e se validen na forma regulamentariamente establecida.
3. O reitor é o órgano competente para a validación de gastos, que deberán ter o informe previo do Servizo de Control Interno. Para a validación dos gastos será necesario que, por parte dos órganos que teñen a competencia para autorizar gasto se confeccione o oportuno expediente, no que figurará necesariamente a causa da non imputación ao orzamento correspondente e a aplicación á que correspondería imputar o gasto.
4. No referido aos gastos de carácter plurianual.
a) Para a execución de gastos con cargo aos créditos de exercicios futuros é necesaria a comprobación previa do cumprimento dos límites establecidos na normativa orzamentaria, sendo preciso xuntar ao expediente a constatación da dita circunstancia.
b) No caso de que a actuación se refira a un proxecto de investigación ou a un contrato programa, será necesario incorporar no expediente a certificación expresa da existencia do compromiso de financiamento.
Artigo 14. Remanentes de crédito.
1. O remanente de tesouraría é un recurso orzamentario obtido, con carácter xeral, pola acumulación de resultados orzamentarios positivos dos anteriores exercicios. O remanente de tesouraría obtense pola suma dos fondos líquidos máis os dereitos pendentes de cobramento menos as obrigas pendentes de pagamento.
Para a incorporación ao exercicio orzamentario seguinte dos remanentes de tesouraría observarase o que establezan as normas de sustentabilidade orzamentaria, tanto da Administración autonómica coma da Administración central.
Sempre dentro do establecido nas normas a que se refire o parágrafo anterior, o remanente de tesouraría debe aplicarse, en primeiro lugar, á dotación dos créditos necesarios para o reintegro dos anticipos reintegrables que financian as diferentes infraestruturas de investigación. En segundo lugar, para financiar proxectos de investigación e demais actuacións con financiamento externo cunha duración que se estenda alén do exercicio económico de que se trate, pola parte do crédito dotado e non executado no exercicio.
Unha vez executadas as actuacións referidas anteriormente, e sempre que queden importes pendentes de aplicación, procederase a incorporar os créditos en fase AD ou D a 31 de decembro.
O reitor, excepcionalmente, poderá acordar a incorporación do crédito dispoñible en 31 de decembro nas aplicacións orzamentarias correspondentes ás axudas a equipos de investigación, á dotación de laboratorios docentes e á produción científica do exercicio orzamentario corrente, logo de petición que deberá vir acompañada da memoria xustificativa da necesidade. No caso de aprobarse esta incorporación, o crédito debe executarse, ineludiblemente, durante o exercicio ao que se incorpore.
2. Os créditos de gasto destinados á execución das actividades previstas nos contratos-programa mencionados no artigo 12 serán incorporables mentres se manteña vixente o contrato-programa do grupo de investigación.
3. O resto dos remanentes que non se executen en 31 de decembro serán considerados de libre disposición para o exercicio seguinte.
Título II
Dos gastos de persoal
Artigo 15. Custos de persoal.
1. As retribucións do persoal activo ao servizo da universidade quedan suxeitas ao que nesta materia dispón a Lei de orzamentos xerais do Estado e a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os incrementos retributivos do persoal laboral deberán ser autorizados pola comunidade autónoma, segundo a lei orzamentaria.
2. Cando se produzan baixas nas escalas que hai que extinguir nos cadros de persoal de administración e servizos funcionario ou laboral, procederase á readaptación dos cadros de persoal correspondentes e dos créditos a eles asignados, mediante as oportunas transferencias de crédito entre conceptos dos artigos 12 e 13.
3. Poderanse abrir partidas orzamentarias específicas no capítulo I para gastos de persoal contratado para a prestación de servizos con base en convenios con financiamento externo.
Estes gastos, coas súas cotas sociais, non poderán superar os importes dos convenios subscritos ou ben das previsións de ingresos. Así mesmo, poderanse ampliar as dotacións orzamentarias dos conceptos referidos, cando ao longo do exercicio se produza a incorporación de novo persoal co financiamento correspondente.
4. Con cargo aos créditos dos programas 111L e 131H xestionados en centros e departamentos respectivamente, non se poden realizar contratacións de persoal.
Título III
Subvencións
Artigo 16. Achegas a fundacións.
1. En aplicación do disposto nos artigos 22.2, apartado a) da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións e 19.4, letra a, da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, quedan autorizadas no exercicio 2011 as seguintes achegas directas a fundacións:
Entidade |
Importe |
Fundación Escola de Organización Industrial |
118.000,00 |
Fundación Universidade de Vigo-FUVI |
95.000,00 |
Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal |
4.000,00 |
Fundación para a Promoción da Automoción en Galicia-CTAG |
11.600,00 |
Museo do Pobo Galego |
1.200,00 |
Energylab |
30.000,00 |
Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
3.000,00 |
2. Dentro dos límites do crédito orzado na aplicación 0000 421S 484, a Comisión Delegada de Planificación e Asuntos Económicos do Consello de Goberno poderá autorizar outras achegas a fundacións agás aquelas en que, segundo o previsto no artigo 84 da Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades, deban ser aprobadas polo Consello Social.
Título IV
Da contratación administrativa
Artigo 17. Informes e autorizacións previas á contratación administrativa.
1. Sen prexuízo da documentación e trámites que estableza a Lei de contratos do sector público, cumprirá informe previo do director do Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas nos casos en que as actuacións afecten a edificios da universidade e as súas instalacións xerais.
2. Os contratos administrativos de servizos, cando supoñan o uso por parte do contratista ou do seu persoal de inmobles, instalacións ou equipamento da universidade para a prestación dos servizos, requirirán a autorización previa da xerencia.
Artigo 18. Medidas de racionalización da técnica da contratación.
1. O reitor, por proposta da xerencia, poderá declarar a uniformidade na adquisición de determinados bens e servizos, co obxecto de proceder á realización de compras conxuntas para toda a universidade ou racionalizar e ordenar a adxudicación de contratos mediante a conclusión de acordos marco, a articulación de sistemas dinámicos de contratación ou a asunción da contratación por servizos especializados.
2. A xerencia queda autorizada para reter, autorizar e dispoñer dos créditos correspondentes para a contratación de bens e servizos de forma conxunta para toda a universidade logo da declaración prevista no punto anterior. Así mesmo, poderá reter, autorizar, dispoñer e obrigar os créditos correspondentes nas contratacións centralizadas de obras, subministracións e servizos.
Artigo 19. Outras normas en relación á tramitación de expedientes.
1. Na proposta de contratación de obras, bens e servizos con cargo a créditos con financiamento específico será obrigatorio indicar a fonte de financiamento e o prazo de xustificación do gasto.
2. Despois do 30 de setembro e do 31 de outubro de cada exercicio non se poderán iniciar expedientes de contratación, mediante procedemento aberto ou procedemento negociado respectivamente con cargo a créditos do exercicio corrente.
A data límite será un mes antes para os contratos de regulación harmonizada ou calquera dos contratos mencionados no artigo 37.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, que poidan ser obxecto de recurso especial en materia de contratación.
Con cargo a proxectos de investigación, unicamente se poderán iniciar expedientes de contratación cando o período entre a data de inicio do expediente e a data de finalización do proxecto sexa superior a dous meses. En todo caso, a tramitación só será posible se computado o tempo de tramitación e de execución do contrato, a xustificación de gastos é posible.
3. Excepcionalmente, tras a xustificación do propoñente, o órgano de contratación poderá autorizar o inicio de expedientes despois das devanditas datas.
Artigo 20. As actas de recepción.
1. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de obras deberán lexitimarse coas sinaturas do contratista, facultativos encargados da dirección da obra, facultativo designado polo reitor, o xerente e, facultativamente, o xefe de Servizo de Control Interno.
2. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de subministracións ou servizos deberán lexitimarse coas sinaturas do xerente, contratista, das persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos do centros de gasto e, se é o caso, o responsable do proxecto de investigación a que corresponde o expediente. Facultativamente, irá asinada polo xefe de Servizo de Control Interno. Nos servizos centralizados, ou cando así o considere oportuno a xerencia, figurará o responsable a que se destine o obxecto do contrato e o técnico que se designe.
3. Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as subministracións de bens e os servizos que respondan a necesidades permanentes e que supoñan entregas ou prestacións repetitivas, que serán recepcionados mediante dilixencia sobre a factura ou documento xustificativo da entrega por parte do responsable da unidade a que se destine o obxecto do contrato e as persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos do centro de gasto.
4. Trimestralmente, darase conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social das recepcións efectuadas que superen os 450.759,08 euros en obras e 300.506,05 euros en subministracións e en servizos.
Título V
Da xestión do inventario e patrimonio
Artigo 21. Dos bens mobles inventariables.
Serán inventariables, como regra xeral, os bens non funxibles que reúnan conxuntamente os requisitos que se indican a continuación:
a) Que se lle calcule unha vida útil superior ao ano e non se consuma co uso.
b) Que teñan un custo unitario superior a 400 euros, incluído IVE, gastos de transporte, seguros, canons e accesorios ata a posta en funcionamento, ou se o seu custo inferior comprende elementos secundarios dunha unidade inventariable.
c) Exceptuarase do anterior o mobiliario referente a cadeiras, mesas, armarios ou outro mobiliario semellante, que serán inventariados con independencia do seu valor.
Artigo 22. Alleamento de bens patrimoniais da universidade.
O alleamento de bens producirase mediante poxa, tras a instrución do expediente polo Servizo de Xestión Económica e Contratación, no cal, necesariamente, se incluirá a súa taxación pericial. Cando o importe sexa inferior a 6.000 euros, a autorización do expediente corresponderá ao reitor, e se é superior a esa contía corresponderalle ao Consello Social.
Artigo 23. Actualización do valor contable patrimonial.
Autorízase ao xerente a ditar as normas necesarias para a actualización en 31 de decembro de 2012 do valor contable do inventario da universidade.
Título VI
Da memoria anual
Artigo 24. Elaboración da memoria.
1. Os decanos, directores de escola, directores de departamento e os coordinadores de programas oficiais de posgrao e títulos propios co apoio dos administradores de centro, ámbito ou campus elaborarán unha memoria económica anual no prazo de tres meses contados a partir do peche do exercicio económico. Esta mesma obriga aplícase aos vicerreitores e á xerencia, así como aos responsables dos restantes programas de actuación.
2. Estas memorias formarán parte, como anexo, da memoria económica anual da universidade, que elaborará a Vicerreitoría de Economía e Planificación e a Xerencia baixo a dirección do reitor.
3. As memorias conterán, como mínimo, unha explicación da execución do orzamento e das súas modificacións, así como una descrición das accións realizadas. A vicerreitoría de economía e a xerencia elaborarán unha instrución conxunta para determinar o seu contido e formato.
Título VII
Especificidades da xestión dos gastos
Capítulo I
Facultades e escolas técnicas e universitarias
Artigo 25. Créditos para centros.
Os créditos do programa de centros inclúen:
a) As dotacións básicas para o sostemento das facultades e escolas técnicas e universitarias que figuran no anexo II.
b) As dotacións para o desenvolvemento das novas titulacións oficiais de posgrao e títulos propios que se desenvolven por subprogramas dentro de cada centro e que figuran no anexo II.
c) As dotacións por calidade docente que se distribuirán na forma establecida nos artigos seguintes.
Artigo 26. Calidade docente.
A dotación de 300.000,00 euros por calidade docente no subconcepto 280.02 «produción docente centros» será concorrente e a súa distribución (nos dous primeiros meses do exercicio) correrá a cargo da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade en aplicación dos indicadores de calidade docente.
Estes créditos incrementarán os créditos orzados para cada facultade ou escola que se indican no anexo II deste documento.
Capítulo II
Departamentos
Artigo 27. Créditos para departamentos.
Os créditos do programa de departamentos inclúen:
a) As dotacións básicas para o sostemento dos departamentos que figuran no anexo II.
c) As dotacións para desprazamentos dos docentes, por produción docente e produción científica que se distribuirán na forma establecida nos artigos seguintes.
Artigo 28. Desprazamentos dos docentes.
O subconcepto 230.06 terá no exercicio de 2011 unha dotación de 30.000,00 euros para financiar as axudas de custo intercampus. Esta cantidade será distribuída pola Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións en función da docencia intercampus de cada trimestre.
Artigo 29. Produción docente.
Establécese unha dotación de 200.000,00 euros, por produción docente, no subconcepto 280.01 «produción docente departamentos». Esta partida ten como obxectivo premiar a calidade docente do cadro de persoal de cada departamento. A dotación será concorrente e a súa distribución correrá a cargo da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade en aplicación dos indicadores de calidade da actividade docente en departamentos.
Artigo 30. Produción científica.
Neste exercicio distribuiranse 1.100.000,00 euros incluídos no subconcepto 641.01 «Produción científica» e 295.000,00 euros incluídos no subconcepto 641.00 «Terceiro ciclo».
A distribución da partida de produción científica será realizada pola Vicerreitoría de Investigación nos dous primeiros meses do exercicio, en función dos resultados de investigación obtidos nos exercicios 2009 e 2010 (no primeiro trimestre do 2012, os departamentos ingresarán a «produción científica»).
A distribución da partida de terceiro ciclo será realizada pola Vicerreitoría Organización Académica, Profesorado e Titulacións, logo da decisión da Comisión de Terceiro Ciclo.
Capítulo III
Outras especificidades
Artigo 31. Laboratorios docentes.
Na aplicación 00EP 311V 626 inclúense 800.000,00 euros, que serán distribuídos pola Vicerreitoría de Economía e Planificación para financiar a dotación de laboratorios docentes.
Artigo 32. Biblioteca.
Os créditos da biblioteca inclúen a dotación para a compra de material bibliográfico necesario para os programas oficiais de posgrao.
Artigo 33. Gastos de viaxe, aloxamento e manutención do persoal de administración e servizos.
A xerencia autorizará as actividades do persoal de administración e servizos que impliquen gastos de viaxe, aloxamento e manutención. Esta autorización poderá ser obxecto de delegación nos vicexerentes atendendo á organización da universidade.
Artigo 34. Delegación de alumnos.
Os créditos asignados ás delegacións de alumnado terán como primeiro obxectivo atender os gastos derivados das súas actividades propias e dos representantes dos estudantes nos órganos de goberno da universidade. Para que estas dotacións poidan financiar gastos de carácter inventariable cumprirá que, por parte do decano ou director e o administrador do centro, se certifique a necesidade do investimento e se solicite da xerencia a correspondente modificación de crédito.
Artigo 35. Normas de asignación do gasto centralizado de telefonía.
Consígnase un importe de 230.000,00 euros para atender os gastos de telefonía dentro do concepto 222 do programa 0000 421S, incluídos os consumos básicos dos departamentos. Para estes efectos, os importes límite asignados son os seguintes:
– 100 euros/ano por profesor a tempo completo.
– 30 euros/ano por profesor a tempo parcial.
– 150 euros/ano pola sede do departamento.
Estas asignacións realizaranse asimilando á primeira categoría os contratados polos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva e Parga Pondal e segundo os datos dispoñibles no primeiro día lectivo do exercicio orzamentario.
Artigo 36. Asignación en edificios compartidos.
Dada a situación de compartir espazos por diferentes centros e titulacións, asígnase a xestión de edificios e instalacións, así como os gastos de subministracións (auga, luz, etc…) do seguinte xeito:
A) Dentro do Campus de Vigo, os créditos das facultades de Química, Bioloxía e Ciencias do Mar asígnanse ao centro de traballo de Ciencias de Vigo e os do Edificio de Fundición ao centro de traballo da Escola Superior de Enxeñaría Industrial.
B) Dentro do Campus de Ourense, os créditos para o mantemento e subministracións administrativas do Edificio Xurídico-Empresarial están consignados no orzamento de Ciencias Empresariais e Turismo, os do Edificio de Facultades e dos pavillóns 1 e 2 na Facultade de Historia e os do Edificio Politécnico na Escola Superior de Enxeñaría Informática.
Artigo 37. Bolsas.
1. As Vicerreitorías de Economía e Planificación, do Campus de Ourense e do Campus de Pontevedra poderán convocar e tramitar, dentro dos seus respectivos ámbitos, as bolsas informáticas.
Para que as devanditas vicerreitorías poidan incluír nas súas convocatorias de bolsas as solicitudes de bolseiros que fagan os centros ou departamentos, cómpre que, previamente, estea dotada a aplicación orzamentaria correspondente do capítulo IV e envíen ao servizo administrativo correspondente de cada campus un documento contable RC polo importe da bolsa solicitada.
Resolta a convocatoria de bolsas, os documentos contables de execución do orzamento (AD, O, ADO) tramitaranse a través das unidades de xestión económica que dan soporte ás vicerreitorías, con cargo ás aplicacións orzamentarias correspondentes.
2. Con cargo á dotación orzamentaria 00CS 421S 482.31 «Bolsas do Consello Social» convocarán bolsas, o reitor ou vicerreitor que corresponda, coa finalidade que se recolla nas bases da convocatoria. Os beneficiarios serán alumnos das diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo.
A xestión económico-orzamentaria destas bolsas realizaraa, centralizadamente, o Servizo de Xestión Económica e Contratación.
Título VIII
Do control interno
Artigo 38. Do control interno.
1. O límite mínimo para o exercicio da fiscalización previa do gasto é de 12.000 € máis IVE, quedando excluídos dela os expedientes de gastos por unha contía inferior.
2. O reitor, por proposta da Xerencia, aprobará un Plan de Control Interno para o exercicio 2012 que desenvolverá o Servizo de Control Interno, o cal atenderá as seguintes premisas:
a) Implantar preferentemente o control financeiro mediante auditorías e outras técnicas de revisión realizadas con posterioridade á xestión, de tal forma que esta sexa áxil, eficaz, eficiente e próxima no tempo.
b) Detectar a existencia de irregularidades, deficiencias e áreas de mellora, que postas de manifesto, mediante as oportunas propostas e recomendacións, incidan nos procedementos de actuación das unidades xestoras, contribuíndo a evitar a súa reiteración e promovendo a súa mellora.
Disposición adicional primeira.
Apróbanse as tarifas de servizos contidas no anexo III.
Disposición adicional segunda.
Autorízase o reitor, tras a aprobación dos plans de investimentos polos órganos competentes, á realización dos trámites oportunos para concertar unha operación de empréstito dentro dos límites da normativa vixente.
Disposición adicional terceira.
Autorízase a Vicerreitoría de Economía e Planificación para ditar as resolucións necesarias para establecer as normas de desenvolvemento do orzamento 2012. Así mesmo, a xerencia poderá ditar as instrucións e ordes de servizo necesarias para a execución e cumprimento destas disposicións. Especificamente, a adopción daquelas medidas precisas para a implantación do modelo de contabilidade analítica.
Disposición derradeira primeira.
O reitor poderá reordenar as competencias propias que nas normas de desenvolvemento do presente orzamento figuran delegadas.
Disposición derradeira segunda.
As presentes normas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2012.