Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1573

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); no primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable
e Implicacións Ambientais

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

9

Optativas

33

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Ferramentas de Busca e Manexo Bibliográfico. Como Escribir unha Publicación Científica

3

Obrigatorio

Introdución á Actividade Investigadora

Deseño de Experimentos

3

Obrigatorio

Análise e Tratamento de Datos

3

Obrigatorio

Bioloxía da Reprodución en Plantas Superiores: A súa Implicación na Distribución

3

Optativo

Ecosistemas Terrestres: Desenvolvemento e Produción Vexetal

Fisioloxía das Plantas en Condicións Adversas: Implicacións no Desenvolvemento Vexetal

3

Optativo

Cambio Global: Metabolismo do Carbono e do Nitróxeno nas Plantas, Sumidoiros de Carbono

3

Optativo

Microorganismos Rizosféricos: Biofertilización, Bioprotección e Biorremediación

3

Optativo

Ecosistemas Terrestres: Microorganismos e Microfauna do Solo

Simbiose Vexetal: Micorrizas e Agricultura Sostible

3

Optativo

Acondicionamento de Residuos para o seu Uso en Ecosistemas Terrestres

3

Optativo

O Solo como Compoñente Medioambiental

3

Optativo

Ecosistemas Terrestres: Interaccións Solo-Planta

Contaminación do Solo

3

Optativo

Recuperación de Solos Degradados: Uso de Tecnosolos e Fitorremediación

3

Optativo

Xestión e Manexo Sostible de Ecosistemas Terrestres

3

Optativo

Sustentabilidade e Usos Sustentables

Estratexias de Manexo Sostible do Solo

3

Optativo

Estratexias Sostibles de Mellora da Produción Vexetal

3

Optativo

Dereito e Normativa Ambiental: Bases do Desenvolvemento Sostible

3

Optativo

Normativa Ambiental

Planos Ambientais e de Sostibilidade da Administración

3

Optativo

Traballo fin de máster

18

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais o alumnado deberá superar 27 ECTS obrigatorios e 33 ECTS optativos.