Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1571

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); no primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual
e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

48

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Técnicas para a Elaboración de Traballos de Investigación Literaria e Cultural

6

Obrigatorio

Itinerario Literatura e Cultura

Cine e Cultura Popular: Perspectivas e Métodos de Investigación

3

Obrigatorio

Humor e Comedia: Perspectivas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Literatura Infantil e Xuvenil: Perspectivas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Textos Fílmicos en Lingua Inglesa: Perspectivas e Métodos de Investigación

3

Obrigatorio

Teorías de Investigación Literaria e Cultural

6

Obrigatorio

Interpretación Textual e Cultural da Modernidade: Perspectivas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Feminismo e Poscolonialismo: Perspectivas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Seminario Monográfico de Especialización Literaria e Cultural

6

Obrigatorio

Técnicas de Investigación Lingüística

6

Obrigatorio

Itinerario Lengua e Lingüística

Modelos Lingüísticos: Liñas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Cambio Lingüístico e Variación na Lingua Inglesa: Liñas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Lingüística Computacional: Liñas e Métodos de Investigación

3

Obrigatorio

Lingüística Aplicada: Liñas e Métodos de Investigación

3

Obrigatorio

Análise de Datos na Investigación Lingüística

6

Obrigatorio

Seminario Monográfico de Especialización Lingüística

6

Obrigatorio

Lingüística do Discurso e a Comunicación: Liñas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Linguas de Especialidade: Liñas e Métodos de Investigación

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas, o alumnado deberá superar 48 ECTS obrigatorios do itinerario que elixa e 12 ECTS do Traballo fin de máster.