Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1569

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Economía.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); no primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Economía pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Economía

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

42

Optativas

6

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Matemáticas

3

Obrigatorio

Métodos Cuantitativos

Estatística

3

Obrigatorio

Microeconomía

6

Obrigatorio

Microeconomía

Comportamento Estratéxico

6

Obrigatorio

Macroeconomía I

6

Obrigatorio

Macroeconomía

Macroeconomía II

3

Obrigatorio

Econometría I

6

Obrigatorio

Econometría

Econometría II

3

Obrigatorio

Economía da Empresa (Organización e Finanzas)

6

Obrigatorio

Economía da Empresa

Xogos Coalicionais

3

Optativo

Materias Optativas

Economía Matemática: Equilibrio Xeral e Optimalidade

3

Optativo

Análise Económica da Desigualdade

3

Optativo

Economía dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente I

3

Optativo

Economía dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente II

3

Optativo

Economía Espacial

3

Optativo

Economía e Xestión do Cambio Tecnolóxico

3

Optativo

Formación de Políticas en Economías Abertas

3

Optativo

Economía da Saúde

3

Optativo

Series Temporais

3

Optativo

Economía do Transporte

3

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Economía o alumnado deberá superar os 54 ECTS obrigatorios e 6 ECTS optativos.