Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1567

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); no primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

33

Optativas

9

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Teorías acerca do Deseño, a Imaxe e a Creatividade

3

Obrigatorio

Contorna da Comunicación Publicitaria

Dirección e Xestión da Actividade Publicitaria

3

Obrigatorio

Movimentos Artísticos e Gráficos

3

Obrigatorio

Deseño Gráfico

6

Obrigatorio

Dirección de Arte

Elaboración da Mensaxe Publicitaria

6

Obrigatorio

Deseño Editorial e Tipográfico

3

Obrigatorio

Deseño Web e Multimedia

3

Obrigatorio

Creación de Contidos Audiovisuais

3

Obrigatorio

Execución, Tratamento Fotográfico e Artefinalismo

3

Obrigatorio

Creación de Identidade Corporativa Gráfica e Ilustración

3

Optativo

Produción Creativa Publicitaria

Produción Publicitaria en Medios Convencionais

3

Optativo

Produción Publicitaria en Medios non Convencionais

3

Optativo

Produción Publicitaria en Medios Interactivos

3

Optativo

Produción Publicitaria Audiovisual

3

Optativo

Publicidade Alternativa

3

Optativo

Prácticas en Empresas

6

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade o alumnado deberá superar 51 ECTS obrigatorios e 9 ECTS optativos.