Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1565

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Dificultades de Aprendizaxe e Intervención Baseada nos Procesos de Codificación

3

Obrigatorio

Formación en Procesos Cognitivos e Dificultades de Aprendizaxe

Dificultades de Aprendizaxe e Intervención Baseada nos Procesos de Atención e Planificación

3

Obrigatorio

Dificultades de Aprendizaxe no Proceso Lector

3

Obrigatorio

Dificultades de Aprendizaxe e Estratexias Cognitivas

3

Obrigatorio

Técnicas de Medida dos Procesos Lectores

3

Obrigatorio

Formación Específica en Dificultades de Aprendizaxe en Contextos Escolares

Motricidade e Dificultades de Aprendizaxe Escolar

3

Obrigatorio

Función Reguladora da Linguaxe, Procesos Cognitivos e Dificultades de Aprendizaxe

3

Obrigatorio

Dificultades de Aprendizaxe na Escritura e no Cálculo

3

Obrigatorio

Procesos Motivacionais e Dificultades de Aprendizaxe

3

Obrigatorio

Dificultades de Aprendizaxe, CI e Enriquecemento Instrumental

3

Obrigatorio

Autorregulación e Dificultades de Aprendizaxe

3

Obrigatorio

Iniciación á Investigación en Psicoloxía Educativa

3

Obrigatorio

Formación Metodolóxica en Métodos e Técnicas de Investigación

Métodos e Deseños de Investigación en Psicoloxía Educativa

3

Obrigatorio

Utilización das TICs para a Búsqueda, Xestión e Codificación da Información

3

Obrigatorio

Técnicas Cuantitativas de Investigación e Análise de Datos

3

Obrigatorio

Técnicas Cualitativas de Investigación e Análise de Datos

3

Obrigatorio

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.