Logo de advertir dous erros na resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 244, do 23 de decembro, cómpre facer as oportunas correccións:
1. Na páxina 37921, onde se indica que a contía concedida á corporación local do Concello de Vilalba para o mantemento e realización de programas básicos de servizos sociais comunitarios é de 124.755,69 €, debe indicarse que a contía concedida é de 149.303,15 €.
2. Na páxina 37931, onde se indica que a contía concedida á corporación local do Concello de Vilalba para a axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes é de 332.277,60 €, debe indicarse que a contía concedida é de 357.311,78 €.