Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1601

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 22 de decembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 18 de outubro de 2011 (DOG n.º 217, do 14 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 18 de outubro de 2011.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

NRP: 964914968 A205L.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio da Administración da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Luengos Martínez, Justino.

Código do posto: TR.C99.10.000.32001.140.

Denominación: xefatura do Servizo de Formación e Colocación

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.