Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (622/2011).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Lidia Rivadulla Moares contra Innovación e Desenvolvemento Sociedade Cooperativa Galega Indesmar, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 878/2009, se ditou a seguinte sentenza:

«Sentenza 622/2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante comparece Lidia Rivadulla Moares, asistida do seu letrado Ricardo López Mosteiro, e doutra como demandado Innovación e Desenvolvemento Sociedade Cooperativa Galega Indesmar, que non comparece.

Decisión:

Que estimando a demanda formulada por Lidia Rivadulla Moares contra a empresa Faro de Mera Viviendas, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 9.290,29 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 do E.T.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.0878.09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0878.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de citación a Innovación e Desenvolvemento Sociedade Cooperativa Galega Indesmar, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de decembro de 2011.

O secretario xudicial