Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (721/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 721/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos del Río de Vega contra a empresa Grupo Hogar Seguro, S.C. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 581/2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente despedimento/cesamentos en xeral 721/2011 por instancia de Juan Carlos del Río de Vega, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde contra Grupo Hogar Seguro, S.C., que non comparece malia estar citada.

Decisión:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Carlos del Río de Vega fronte ás empresas Grupo Hogar Seguro, S.C. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, calquera que fose a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 293,85 € (douscentos noventa e tres con oitenta e cinco céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de euros 39,18 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 6.228,93 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0721 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0721 11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Grupo Hogar Seguro, S.C., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de decembro de 2011.

O secretario xudicial