Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 762/2011-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que perante este xulgado se tramitan autos co número PO 762/11 por instancia de Francisco Javier Ramos Seijas contra Javier Villar Rodríguez e Fogasa sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido:

Que estimando a demanda interposta por Francisco Javier Ramos Seijas contra Javier Villar Rodríguez, debo condenar e condeno esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.563,12 euros, máis o 10% de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación á empresa demandada Carpinox Coruña, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto na Coruña, 19 de decembro de 2011.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial