Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (849/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 857/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Galiñanes García contra a empresa Dygra Films, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza: que estimando as demandas interpostas polo demandante, Juan Ramón Galiñanes García, contra a empresa Dygra Films, S.A.:

«Debo declarar e declaro a extinción da relación laboral que o unía coa empresa Dygra Films, S.A. na data da presente resolución. Declaro, pola súa vez, a improcedencia do despedimento e condeno a empresa a que lle aboe ao demandante a suma de 30.623,78 euros en concepto de indemnización, máis 9.666,58 euros por salarios de tramitación. Condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 33.833,33 por salarios e outros conceptos non pagados, máis o 10% por demora no pagamento desta, e condeno a demandada a estar e pasar por esta resolución. Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade. E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer. Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Dygra Films, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto na Coruña, 20 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial