Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1005/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1005/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Gómez Fernández contra a empresa Dygra Films, S.A., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimando a demanda orixe das presentes actuacións, promovida por Diego Gómez Fernández contra a empresa Dygra Films, S.A., sobre despedimento, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, e condeno a empresa demandada a estar e pasar por tal declaración, e a que, á súa opción, readmita o demandante no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, ou ben o indemnice coa suma de 18.125 euros.

En ambos os casos deberá aboar os salarios de tramitación desde o día seguinte ao da data de despedimento e ata a notificación desta sentenza, a razón de 83,33 euros salario/día declarado probado o feito primeiro, e manténdoos en situación de alta na Seguridade Social durante o correspondente período; debendo advertir por último á empresa demandada que a opción sinalada, se deberá efectuar ante este xulgado do social no prazo dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, entendéndose que, de non facelo así, se opta pola readmisión.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo a empresa substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial