Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1326

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (204/2011).

N.º de autos: procedemento ordinario 204/2011.

Demandante: Fernando Abalo Bispo.

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro.

Demandados: Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

Susana Varela Amboage, secretaria do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Fernando Abalo Bispo contra Fondo de Garantía Salarial, Teleinformática y Comunicaciones Galicia, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 204/2011, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión:

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 204/2011, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade por instancia de Fernando Abalo Bispo, asistido e representado pola letrada Rosa Vila Amarelle, fronte a Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fernando Abalo Bispo contra Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a pagarlle ao demandante 3.867,02 euros en concepto da parte proporcional do salario do mes de decembro de 2009 e complemento de IT ata xullo de 2010, cantidade que se deberá incrementar cos xuros do artigo 29.3 do ET respecto da suma de 722,81 euros e cos do artigo 576 LAC no importe restante obxecto de condena, e condeno o Fogasa a estar e pasar por esta declaración.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza».

E para que lle sirva de notificación a Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial