Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (933/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones y Reformas Laxe, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 933/2011, se acordou citar a Construcciones y Reformas Laxe, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 28 de novembro de 2012, ás 11.08 horas, aos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na rúa Armando Durán, 1, 4.º, 27071 Lugo. Deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os citados actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolución que revistan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Construcciones y Reformas Laxe, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado