Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1324

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (959/2010).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento ordinario 959/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Vilariño Rubín contra a empresa Ovidemar Alimentaria, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Alberto Vilariño Rubín contra a empresa Ovidemar Alimentaria, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.902,80 euros, así como unha recarga por mora do 10% anual sobre a de 1.788,51 euros. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos trámites legais.

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación que se debe presentar ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, perante o cal se deberá anunciar tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral.

E para que lle sirva de notificación a Ovidemar Alimentaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolución que revistan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 15 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado