Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1322

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (545/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 545/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Corral Gómez contra a empresa Taller de Confección Artextil, S.L, administrador concursal da empresa e Fogasa, sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de dereito e cantidade foi interposta por María José Corral Gómez contra Taller de Confección Artextil, S.L., e a súa administración concursal; en consecuencia, debo absolver a demandada do pedido na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial