Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1320

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (213/2010).

Víctor Rodríguez Sendón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, anuncia que neste procedemento ordinario 213/2010, seguido por instancia de DG Center Atlántico, S.L., fronte a Montytextil Mayoristas, S.L., se ditou sentenza co seguinte extracto:

«Sentenza 102/2011.

En Tui o vinte e trés de novembro de dous mil once.

Almudena Martínez Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, viu estes autos de xuízo declarativo ordinario n.º 213/2010, sobre reclamación de cantidade, instados por DG Center Atlántico, S.L., representada pola procuradora Sra. Muíños Torrado e asistida pola letrada Sra. Doval González contra Montytextil Mayoristas, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Muíños Torrado, en nome e representación da mercantil Montytextil Mayoristas, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de oitenta e dous mil oitocentos setenta e oito euros con noventa e seis céntimos (82.878,96 euros), cos xuros legais, sen facer expresa imposición das custas causadas neste procedemento.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, que se deberá interpor ante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, indicando no concepto o tipo de recurso e o número de expediente.

O depósito da expresada suma deberase acreditar ao interpor o recurso de apelación e a ese escrito deberáselle xuntar copia do xustificante ou da orde de ingreso. Sen este requisito non será admitido a trámite.

Están exceptuados da obriga de constituír o depósito aqueles que teñan recoñecido o dereito a asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza, que se unirá a estes autos, quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o demandado, Montytextil Mayoristas, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto con fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 29 de novembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado